CIV

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

TMG SOCIAL

PARA MÁIS INFORMACIÓN DEBE DIRIXIRXE A CALQUERA DOS CONCELLOS CITADOS NOS QUE ESTEA EMPADROADO.

Descontos na ATM de Ferrol

A partir do 1 de novembro de 2015 o Concello de Mugardos incorpórase á política social no Plan de Transporte Metropolitano aplicando descontos adicionais aos seguintes colectivos:

- Persoas en situación de risco social ou dificultade socioeconómica

- Estudantes de calquera centro público de estudos de Formación Profesional e ciclos formativos, Universidade, ensinanzas superiores de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño, Educación de Adultos, alumnado con necesidades educativas especiais escolarizados en Centros de Educación Especial e talleres ocupacionais de fóra de Mugardos, con rendas familiares inferiores ao 80% do IPREM de renda per cápita mensual.

As contías das axudas son as seguintes:

- Persoas en situación de risco social e/ou dificultade socioeconómica: 100% do importe da viaxe, Máximo de 10 viaxes mensuais

- Estudantes: 25% importe da viaxe, Máximo 41 viaxes mensuais.

As persoas que desexen acceder a estas bonificacións adicionais deben informarse no Concello.

 

Descontos na ATM de Santiago de Compostela

O Plan do Transporte Metropolitano de Galicia permite que distintos promotores interesados poidan aplicar bonificacións especiais aos colectivos que determinen.

Deste xeito, na actualidade, na Área de Transporte Metropolitano de Santiago de Compostela hai unha serie de concellos que teñen activadas esas condicións.

Para poder beneficiarse das axudas é preciso estar empadroado no concello promotor.

Na actualidade os concellos que teñen habilitadas as bonificacións sociais son os seguintes: 

ATM SANTIAGO DE COMPOSTELA
Ames
Boqueixón
Brión
Negreira
O Pino
Oroso
Teo
Touro
Val do Dubra
Vedra

Os colectivos bonificados son:

  • Persoas maiores de 65 anos, sen actividade laboral.
  • Persoas en situación de desemprego.
  • Persoas que acrediten unha discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %.
  • Aquelas persoas, residentes no concello no que se subscriba a política social, que a criterio dos Servizos Sociais do concello e atendendo a razóns de emerxencia social ou de precariedade persoal, puideran precisar destas axudas.

Para máis información debe poñerse en contacto co concello..

 

Descontos a familias numerosas no PTMG

A partir do 1 de decembro de 2014, comezan a aplicarse as bonificacións legalmente establecidas para familias numerosas no eido do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.

Para mais información consulte o seguinte enlace: http://benestar.xunta.es/web/portal/aplicacion-social-do-transporte-metropolitano-de-galicia

 

Descontos ao estudantado da UDC no PTMG

Os descontos aplicaranse ao alumnado da UDC que teña a súa residencia en calquera dos concellos da Área de Transporte Metropolitano da Coruña ou de Ferrol:

Alumnado da UDC que cursa os seus estudos na Coruña. Os desprazamentos bonificados neste caso son os desprazamentos entre calquera dos concellos da ATM da Coruña e os concellos da Coruña e de Oleiros nos que se localizan as dependencias universitarias. A relación de concellos que integran a ATM da Coruña aparece recollida no seguinte enlace web: http://tmg.cmati.xunta.es/area-da-coruna.

Alumnado da UDC que cursa os seus estudos en Ferrol. Os desprazamentos bonificados neste caso son os desprazamentos entre calquera dos concellos da ATM de Ferrol e o concello de Ferrol no que se se localizan as dependencias universitarias. A relación de concellos que integran a ATM de Ferrol aparece recollida no seguinte enlace web: http://tmg.cmati.xunta.es/area-de-ferrol.

O alumnado beneficiario das axudas debe estar oficialmente matriculado no curso académico para o que se outorgan as axudas.

Os desprazamentos bonificados pola UDC en virtude deste acordo son:

  • Na ATM da Coruña: desprazamentos dende calquera dos concellos integrantes da ATM ás dependencias universitarias da UDC na Coruña e viceversa.
  • Na ATM de Ferrol: desprazamentos dende calquera dos concellos integrantes da ATM ás dependencias universitarias da UDC en Ferrol e viceversa.

En ningún caso se aplicarán as bonificacións aos desprazamentos que se realicen fóra de cada unha das ATM citadas ou que supoñan relacións entre concellos que pertencen a dúas ATM distintas.

As bonificacións reflectidas neste convenio aplicaranse durante o curso académico universitario da UDC, en tanto se manteñan as condicións que determinaron a súa concesión e serán revisadas aos doce meses da súa concesión, estando obrigadas as persoas beneficiarias a achegar en cada momento a documentación que lles sexa requirida por parte da UDC.

A contía das axudas fíxase tomando como referencia os prezos da viaxe con tarxeta establecidos para os desprazamentos dentro das ATM. En cada momento serán aplicados no eido do Plan de Transporte Metropolitano as tarifa usuario que sexan aprobadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (coa comunicación á comisión de seguimento de cada unha das ATM en vigor). Estas tarifas aparecen publicadas na páxina web do transporte metropolitano: http://tmg.cmati.xunta.es/politica-tarifaria-introducion.

A UDC subvencionará por alumno e curso académico un máximo de 90,24 euros e asume, ata ese límite económico, as porcentaxes de bonificación en relación co número de saltos das viaxes realizadas indicadas de seguido:

Imaxe que mostra a bonificación da viaxe

As viaxes comezan a bonificarse a partir do 01/12/2014. Os descontos aplicables ao mes de decembro calcularanse a finais de xaneiro e estarán a disposición das persoas beneficiarias a partir do 01/02/2015. Para poder cobrar os descontos, debe acudir a un caixeiro da rede ABANCA a partir da data indicada e aceptar a recarga ao seu favor. Dispón dun prazo de 2 meses para aceptar a recarga.Transcorrido o prazo indicado, a recarga caducará. Pode consultar o estado das súas recargas no seguinte enlace web: http://tmg.cmati.xunta.es/consulta-tarxeta.

Para máis información pode consultar a páxina web da UDC: http://www.udc.gal/admision_bolsas/axudas/bolsasUDC/2014/transporte.html.