CIV

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Área de Lugo

Zonas de transporte

A viaxe queda definida polas zonas de transporte nas que comezan e rematan as viaxes no transporte metropolitano; Na seguinte táboa móstranse as zonas definidas na Área de Lugo:

 
Zonas
Concellos
L-Fon1
Baleira
L-Lug0
Lugo
L-Lug1
Friol - Outeiro de Rei - Rábade
L-Lug2
Guntín
L-Lug3
Castroverde -    O Corgo
L-TCh1
Castro de Rei
 

 

 
 
Imaxe que mostra a área metropolitana de Lugo

 

Tarifas

Segundo o número de saltos definidos entre a zona de orixe e a zona de destino da viaxe así será o custo. Para facilitar a comprensión do sistema facilitamos 3 táboas. Na primeira pode consultar o número de saltos que ten a súa viaxe, tendo en conta a zona de transporte de orixe e a de destino. No segundo recadro pode consultar o prezo da súa viaxe, que dependerá do número de saltos que teña e de se paga en efectivo ou coa tarxeta metropolitana. Finalmente, no terceiro recadro, pode ver o tempo do que dispón na súa viaxe para realizar o transbordo con carácter bonificado.Para a zona de Lugo, as tarifas son as seguintes;

Imaxe que mostra as tarifas
 



Esta táboa permíteche comprobar o número de saltos que hai na viaxe que vas realizar. Podes ver as zonas de transporte no mapa.

 

Prezos de cancelación por número de saltos

Nº. Saltos
Billete Sinxelo
 Tarxeta TMG

Prezo Ata 40 Viaxes

Frecuente Máis de 40 Viaxes

0 *
1,45 €
0,45 €
----
0
1,50 €
0,85 €
0,72 €
1
1,50 €
0,85 €
0,72 €
2
2,20 €
1,30 €
1,10 €
3
2,80 €
1,84 €
1,56 €

 0* Viaxes no transporte urbano da cidade

En función do número de saltos que teñas, na táboa podes ver o prezo da túa viaxe para os pagamentos en efectivo ou con tarxeta.

 

Canto tempo teño para realizar o transbordo de xeito bonificado coa tarxeta metropolitana de Galicia?

Saltos
Tempo permitido
0
60 minutos
1
60 minutos
2
75 minutos
3
90 minutos
 

 

Exemplo 1: Guntín - Lugo

Para unha viaxe no transporte metropolitano dende un punto de parada no concello de Guntín (zona L-Lug2) e baixando nunha parada no concello de Lugo (zona L-Lug0), con independencia do operador e a posterior necesidade de transbordar ou non, será catalogado coma de 1 salto, polo que o custo do billete sinxelo será de 1,50 euros, e o custo utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia, será de 0,85 euros.

Ó tratarse dunha viaxe de 1 salto, o tempo dispoñible para transbordar sen penalización será de 60 minutos, polo que se dentro dos 60 minutos posteriores á saída dende Guntín colle un segundo autobús dentro do concello destino (por exemplo, o urbano de Lugo) este non incrementaría o prezo xa pagado.

No caso de que se tivese pagado en efectivo (billete sinxelo) non se aplica o transbordo e deberíase pagar o billete do urbano de Lugo.

 

Exemplo 2: Lugo - Guntín

Seguindo o exemplo anterior, facemos a viaxe de volta a Guntín dende o centro de Lugo, e o autobús do metropolitano sae dende a Estación de Autobuses.

Neste caso, colleríase o urbano de Lugo ata a Estación; se pagamos coa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia, cancelarase polo custo do billete do urbano (0,45 euros). Antes de que transcorran os 60 minutos collemos o metropolitano dende a Estación de Autobuses de Lugo con destino Guntín (1 salto) cun custo de 0,40 euros. Ó ter xa pagado o prezo do urbano e o transbordo transcorrer nos 60 minutos seguintes, este descontarase do custo final, pagando en total pola viaxe 0,85 euros.

No caso de non pagar coa tarxeta, o custo da mesma viaxe sería o prezo do urbano de Lugo (1,45 euros) máis 1,50 euros. Así, o custo total da viaxe sería de 2,95 euros.

Documento/s relacionados