CIV

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Área de Santiago de Compostela

Área de Santiago de Compostela

Zonas de transporte

A viaxe queda definida polas zonas de transporte nas que comezan e rematan as viaxes no transporte metropolitano.

Na seguinte táboa móstranse as zonas definidas na área de Santiago de Compostela:

 
Zonas
Concellos
C-Arz1
O Pino - Touro
C-Bar1
A Baña - Negreira
C-Ord1
Oroso - Trazo
C-Ord3
Ordes
C-San0
Santiago de Compostela
C-San1
Val do Dubra
C-San2
Ames - Brión
C-San3
Boqueixón - Teo - Vedra
C-Sar1
Rois
C-Sar2
Padrón
P-Dez1
Vila de Cruces
P-Tab0
A Estrada

 

 
Imaxe que mostra a área metropolitana de Santiago de Compostela

 

Tarifas

Segundo o número de saltos definidos entre a zona de orixe e a zona de destino da viaxe así será o custo da viaxe. Para facilitar a comprensión do sistema facilitamos 3 táboas. Na primeira pode consultar o número de saltos que ten a súa viaxe, tendo en conta a zona de transporte de orixe e a de destino. No segundo recadro pode consultar o prezo da súa viaxe, que dependerá do número de saltos que teña e de se paga en efectivo ou coa tarxeta metropolitana. Finalmente, no terceiro recadro, pode ver o tempo do que dispón na súa viaxe para realizar o transbordo con carácter bonificado. Para a zona de Santiago, as tarifas son as seguintes:

 

Imaxe que mostra as tarifas
 
 
 Esta táboa permíteche comprobar o número de saltos que hai na viaxe que vas realizar. Podes ver as zonas de transporte no mapa.
 
 

Prezos de cancelación por número de saltos

Nº. Saltos
Billete Sinxelo
 Tarxeta TMG

Prezo Ata 40 Viaxes

Frecuente Máis de 40 Viaxes

0 *
1,00 €
0,60 €
----
0
1,50 €
0,85 €
0,72 €
1
1,50 €
0,85 €
0,72 €
2
2,20 €
1,30 €
1,10 €
3
2,80 €
1,84 €
1,56 €
4
3,45 €
2,24 €
1,90 €
5
4,95 €
3,13 €
2,66 €
6
5,65 €
3,68 €
3,13 €
 

* Viaxes no transporte urbano da cidade de Santiago

 

 En función do número de saltos que teñas, na táboa podes ver o prezo da túa viaxe para os pagamentos en efectivo ou con tarxeta.

 
 

Canto tempo teño para realizar o transbordo de xeito bonificado coa tarxeta metropolitana de Galicia?

Saltos
Tempo permitido
0
60 minutos
1
60 minutos
2
75 minutos
3-4-5-6
90 minutos
 
 

Exemplo 1: Brión - Santiago de Compostela

 

Para unha viaxe no transporte metropolitano dende un punto de parada no concello de Brión (zona C-San2) e baixando nunha parada no concello de Santiago de Compostela (zona C-San0), con independencia do operador e a posterior necesidade de transbordar ou non no urbano, será catalogado coma de 1 salto, polo que o custo do billete sinxelo será de 1,50 euros, e o custo utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia, será de 0,85 euros. Ó tratarse dunha viaxe de 1 salto, o tempo dispoñible para transbordar sen penalización será de 60 minutos, polo que se dentro dos 60 minutos posteriores á saída dende Brión se colle un segundo autobús dentro do concello destino (por exemplo, o urbano de Santiago) este non incrementaría o prezo xa pagado.

 

No caso de que se tivese feito o pagamento en efectivo (billete sinxelo) non se aplica o transbordo e deberíase pagar o billete do urbano.

 

Exemplo 2: Santiago de Compostela – Brión

 

Seguindo o exemplo anterior, facemos a viaxe de volta a Brión dende o centro de Santiago, e o autobús do metropolitano sae dende a Estación de Autobuses. Neste caso, colleríase o urbano de Santiago ata a Estación; se pagamos coa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia, cancelarase polo custo do urbano (0,60 euros). Antes de que transcorran 60 minutos collemos o metropolitano dende a Estación de Autobuses con destino Brión (1 salto) cun custo de 0,85 euros. Ó ter xa pagado o urbano e transcorrer o transbordo nos 60 minutos seguintes á primeira cancelación, o importe que se descontará da tarxeta será de 0,25 euros (importe total da viaxe: 0,85 euros).

 

No caso de non utilizar a tarxeta do TMG, teremos que pagar o urbano de Santiago (1,00 euro) e a maiores 1,50 euros do metropolitano (total: 2,50 euros).

Documento/s relacionados
  • Área de Santiago de Compostela (Formato PDF) Descargar