Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

OS OPERADORES DE TRANSPORTE PÚBLICO COMPROMETÉRONSE HOXE NA REUNIÓN DO COMITÉ GALEGO A AXILIZAR AS MEDIDAS DE IMPLANTACIÓN DOS NOVOS PLANS DE TRANSPORTE METROPOLITANO

Este proxecto de modernización do transporte baséase en catro tipos de melloras: tecnolóxicas e de explotación, na calidade do servizo, na flota e no equipamento e socio-laborais, así como melloras e flexibilización da explotación

Os obxectivos do Plan de Transporte Metropolitano son: abaratar as viaxes, implantar a tarxeta única, poñer en marcha os transbordos gratuítos e coordinar o transporte urbano e interurbano para ofrecer aos usuarios un sistema mais eficaz, mais barato e con mellores servizos

As melloras proxectadas para o sector do transporte significarán a creación de preto de 5.000 empregos na comunidade autónoma

 

 

Santiago, 29 de xuño de 2010.- O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, acompañado polo director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, presidiu esta mañá unha reunión do Comité Galego de Transportes, na que se abordaron, entre outras cuestións, o Plan de Modernización do Transporte Público, aprobado o 1 de marzo do presente ano, e a implantación do novo Plan de Transporte Metropolitano.

Respecto a esta última cuestión, o conselleiro pediu aos operadores a máxima colaboración para poñer en marcha as medidas plantexadas no Plan de Transporte Metropolitano, que teñen como obxectivos abaratar as viaxes, implantar a tarxeta única, poñer en marcha os transbordos gratuítos e coordinar o transporte urbano e interurbano para ofrecer aos usuarios un sistema mais eficaz, mais barato e con mellores servizos.

Os empresarios do transporte público comprometéronse a axilizar a implantación de todas as medidas plantexadas, xa que isto supón a mellora da situación deste sector económico.

Plan de Modernización do Transporte Público
O titular de Infraestruturas manifestou que o Plan de modernización das concesións de transporte público regular permanente de persoas e uso xeral por estrada de Galicia, aprobado mediante Resolución do 26 de febreiro de 2010, foi aceptado pola práctica totalidade das empresas concesionarias de transporte público de viaxeiros.

Cómpre sinalar que máis de 140 concesións de transporte público regular existentes na actualidade en Galicia, teñen comunicado á Administración o seu desexo de incorporarse ao Plan de modernización.

As medidas incorporadas no Plan de modernización suporán unha mellora substancial do sistema concesional, tanto na calidade do servizo como na flota e no equipamento.
En Galicia prestan servizos de transporte interurbano de viaxeiros un total de 318 empresas, das que 115 son titulares dalgunha das 147 concesións que existen actualmente, que contan cun total de 2.300 liñas. Estas concesións cubren unha totalidade de 16.750 km da rede viaria e dan servizo a uns 23 millóns de viaxeiros anuais.

Hernández tamén indicou que as melloras proxectadas para o sector do transporte significarán a creación de preto de 5.000 empregos na comunidade autónoma.

A necesidade de abordar unha reorganización do sistema de transporte regular de viaxeiros por estrada de uso xeral móstrase con claridade ao contemplar a caída da demanda, da recadación e tamén da oferta de servizos nos últimos anos. Por exemplo, entre os anos 2000 e 2005 a demanda experimentou unha caída do 40%, a recadación dun 25% e a oferta do 20%.

Nos últimos anos a tendencia á caída é menor, en parte grazas á implantación dos plans de transporte metropolitano, que contemplan políticas activas do fomento do transporte público.

Agustín Hernández explicou que este proxecto de mobilidade establece varios programas en función dos seus obxectivos, como son as melloras tecnolóxicas e de explotación ou na calidade do servizo. Este plan ten como finalidade acadar a modernización do citado sector e o seu adecuado posicionamento ante a nova situación que as modificacións normativas van introducir na materia.

O director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, indicou que as propostas de innovación tecnolóxica das empresas operadoras deberán ser aprobadas polo seu departamento antes da súa implantación. Non obstante, en calquera momento, a Administración autonómica poderá esixir a inmediata implantación daquelas medidas que resulten necesarias para a posta en marcha dos plans de transporte metropolitano en Galicia.

O Plan de Modernización do Transporte contempla diversas melloras a aplicar nas medidas socio-laborais, no eido tecnolóxico e de explotación, na flota e no equipamento e no acceso ao traballo en igualdade.

Características
Outro dos programas desta normativa tamén recolle previsións implantadas ou en implantación mediante plans de melloras noutras Comunidades autónomas, tales como Madrid, Castela-León, Aragón ou Estremadura. Estas medidas pasan pola implantación da modernización de tarxetas sen contactos, conexións informáticas, renovación da flota e a posta en marcha de Sistema de Axuda á Explotación (SAE), entre outras. Finalmente, introdúcense previsións referentes a problemáticas existentes singularmente en Galicia, nas que as empresas comprométense a colaborar na implantación de solucións, por exemplo, no caso do transporte escolar.

A modo de resumo indícanse as melloras que se plantexan na normativa no arquivo xunto.

Documento/s relacionados