Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O SERVIZO DE TRANSPORTE METROPOLITANO CHEGARÁ Á PARROQUIA DE TARRÍO A PARTIR DO VINDEIRO 5 DE ABRIL

Este servizo viña sendo amplamente demandado polos veciños deste lugar.

Santiago, 31 de marzo de 2010.- A ampliación do servizo de transporte público regular ao núcleo de Tarrío, no Concello de Ames, comezará a funcionar despois de Semana Santa, concretamente a partir do luns, 5 de abril.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de autorizar a prestación deste servizo, tal e como se comprometeu logo das reunións mantidas co alcalde de Ames, Carlos Fernández, e co representante da empresa concesionaria do servizo, Hedegasa, así como coa Asociación de Veciños de Tarrío.

Este servizo viña sendo amplamente demandado polos veciños deste lugar, aínda que a súa implantación non fora posible ata o de agora debido á imposibilidade técnica de realizalo.

Agora, unha vez solucionados estes problemas técnicos, o servizo efectuarase mediante a prolongación do que ata agora se viña prestando ata o núcleo de Raíces, coas mesmas frecuencias que este último, e dentro do Plan de Transporte Metropolitano da área de Santiago, polo que os usuarios poderán utilizar a correspondente tarxeta metropolitana.