Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

ACTUALIZACIÓN TARIFAS USUARIO A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 2014

O Novo plan de transporte metropolitano está a funcionar con éxito nas 4 áreas de Transporte Metropolitano vixentes actualmente (A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol e Lugo). O programa tarifario asociado ao plan leva consigo un abaratamento e simplificación das tarifas, fixando estas tarifas a pagar polo usuario en función do título de viaxe empregado (Tarxeta Metropolitana de Galicia ou efectivo) e do número de saltos entre zonas de transporte que teña a viaxe. Ademais, estas tarifas son comúns a todas as ATM de Galicia.

Do mesmo xeito, este programa tarifario, ao que están vinculadas as bonificacións por transbordo e por un uso recorrente do transporte, contribúe non só a manter, senón tamén a aumentar a mobilidade nun contexto económico difícil como é o actual.

As tarifas zonais son actualizadas anualmente en función da evolución do IPC no sector do transporte, fixado neste exercicio nun 2,45%. Xa que logo, a partir do 1 de xaneiro aplicarase en cada unha das Áreas de Transporte Metropolitano a devandita actualización, de tal xeito que as novas tarifas son as que se reflicten de seguido:

 

Prezos de cancelación por número de saltos

Nº. Saltos

Billete Sinxelo

 Tarxeta TMG
TARXETA-DELANTERA

Prezo Ata 40 Viaxes

Frecuente Máis de 40 Viaxes

0
1,50 €
0,84 €
0,71 €
1
1,50 €
0,84 €
0,71 €
2
2,15 €
1,28 €
1,09 €
3
2,75 €
1,81 €
1,54 €
4
3,40 €
2,21 €
1,88 €
5
4,90 €
3,09 €
2,63 €
6
5,55 €
3,63 €
3,08 €