O novo plan de transporte metropolitano está a funcionar con éxito nas 4 áreas de Transporte Metropolitano vixentes actualmente (A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol e Lugo). O programa tarifario asociado ao plan leva consigo un abaratamento e simplificación das tarifas, fixando estas tarifas a pagar polo usuario en función do título de viaxe empregado (Tarxeta Metropolitana de Galicia ou efectivo) e do número de saltos entre zonas de transporte que teña a viaxe. Ademais, estas tarifas son comúns a todas as ATM de Galicia.
Do mesmo xeito, este programa tarifario, ao que están vinculadas as bonificacións por transbordo e por un uso recorrente do transporte, contribúe non só a manter, senón tamén a aumentar a mobilidade nun contexto económico difícil como é o actual.
As tarifas zonais son actualizadas anualmente en función da evolución do IPC no sector do transporte, fixado neste exercicio nun 1,41%. Xa que logo, a partir do 1 de xaneiro de 2015 aplicarase en cada unha das Áreas de Transporte Metropolitano a devandita actualización, de tal xeito que as novas tarifas son as que se reflicten de seguido:
Prezos de cancelación por número de saltos | |||
Nº. Saltos | Billete Sinxelo | Tarxeta TMG | |
Prezo Ata 40 Viaxes | Frecuente Máis de 40 Viaxes | ||
0 | 1,50 € | 0,85 € | 0,72 € |
1 | 1,50 € | 0,85 € | 0,72 € |
2 | 2,20 € | 1,30 € | 1,10 € |
3 | 2,80 € | 1,84 € | 1,56 € |
4 | 3,45 € | 2,24 € | 1,90 € |
5 | 4,95 € | 3,13 € | 2,66 € |
6 | 5,65 € | 3,68 € | 3,13 € |