CIV

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A política tarifaria

  • A nova tarxeta de transporte metropolitano

A nova política tarifaria aplicada no Plan de Transporte Metropolitano aporta grandes vantaxes ás persoas usuarias.

Administracións e operadores acordaron a implantación dun sistema zonal e un soporte tecnolóxico no que caiban todos os modos de transporte público. Isto permitirá a introdución da Nova Tarxeta Metropolitana sen contacto, que será aceptada por todas as empresas de transporte público, permitindo o establecemento de bonificacións por recorrencia ó mesmo tempo que a bonificación do transbordo. O resultado é unha mellora das condicións económicas nas que viaxa a cidadanía. 

A tarxeta poderase utilizar no sistema de transporte urbano nas cidades no que estea implantado. O desconto por recorrencia (máis de 40 viaxes) do 15% aplicable ó mes natural. Será abonado o 15% sobre o gastado no mes anterior,  na recarga seguinte á finalización do período.

Exemplos de funcionamento do sistema

Ao establecerse unha tarifa zonal, é dicir, única para cada zona establecida, o prezo da viaxe vai depender do número de saltos (en termos de concellos polos que discorra o servizo de transporte) e do medio de pagamento utilizado (pagamento en efectivo ou con Tarxeta Metropolitana), establecéndose maiores descontos para os usuarios recorrentes. Ademais o transbordo será bonificado dentro dun período de tempo establecido.

As persoas usuarias poderán optar polo pagamento en efectivo (billete sinxelo) ou polo pagamento mediante a tarxeta metropolitana, que lle ofrecerá maiores descontos.

Documento/s relacionados
  • Áreas de transporte metropolitano (formato PDF) Descargar