CIV

CMATI

A XUNTA DE GALICIA IMPLANTARÁ A TARXETA METROPOLITANA SOCIAL NO CONCELLO DE MUGARDOS DENDE O 1 DE NOVEMBRO, CON DESCONTOS ADICIONAIS NO TRANSPORTE PARA PERSOAS EN DIFICULTADES SOCIOECONÓMICAS E ESTUDANTES

- Para beneficiarse das bonificacións os veciños poden facer a xestión dende hoxe e durante todo o mes de novembro, recibindo a bonificación como recarga da tarxeta

- Trátase dunha nova vantaxe do Plan de Transporte Metropolitano, que financiará o Concello de Mugardos con 10.000 euros ao ano

- Ás persoas en dificultades bonificaráselles o 100 % das viaxes aforrando 1,30 euros cada vez que vaian a Ferrol, mentres que os estudantes pasarán de pagar 1,30 euros a 0,975 euros por cada viaxe

- Estes descontos son acumulables aos resto de bonificacións de recorrencia e sociais, como a bonificación a estudantes da Universidade da Coruña no campus de Ferrol ou a bonificación de familia numerosa

Mugardos (A Coruña), 26 de outubro de 2015.- A Xunta implantará a Tarxeta Metropolitana Social no Concello de Mugardos dende o día 1 de novembro, con descontos adicionais no transporte para as persoas con dificultades económicas e estudantes. Para a coordinación deste servizo, a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, mantivo hoxe unha reunión co alcalde, Juan Domingo de Deus e co concelleiro de Servizos.

Trátase dunha nova vantaxe do Plan de Transporte Metropolitano, que financiará, neste caso, o Concello de Mugardos, cunha achega de 10.000 euros ao ano.

As contías destas subvencións repártense da seguinte maneira: para as persoas en dificultades bonificaráselles o 100 % das viaxes, cun máximo de 10 ao mes, mentres que os estudantes, con rendas familiares inferiores ao 80 % do IPREM de renda per cápita mensual, verán reducido o prezo do billete nun 25 %, cun máximo de 41 viaxes mensuais.

Para beneficiarse das bonificacións os veciños poden facer a xestión dende hoxe e durante todo o mes de novembro, recibindo a bonificación como recarga da tarxeta. Ás persoas en dificultades bonificaráselles o 100 % das viaxes aforrando 1,30 euros cada vez que vaian a Ferrol, mentres que os estudantes pasarán de pagar 1,30 euros a 0,975 euros por cada viaxe. Estes descontos son acumulables aos resto de bonificacións de recorrencia e sociais, como a bonificación a estudantes da Universidade da Coruña no campus de Ferrol ou a de familia numerosa

Esta aplicación social permite ao promotor das axudas unha gran flexibilidade para determinar o eido xeográfico, subxectivo, económico e temporal de aplicación das subvencións.

As persoas usuarias dadas de alta para un colectivo determinado nun municipio da Área de Transporte Metropolitano, percibirán a bonificación que lles corresponda a finais do mes seguinte a aquel no que se xere o dereito a desconto.

O plan de transporte metropolitano, dende a súa posta en marcha en 2011 ten bonificado xa case de 52 millóns de viaxes, dos cales case 11,5 millóns na área de Ferrol e 400.000 no concello de Mugardos.

Unhas 6.600 viaxes mensuais realizadas dende o Concello de Mugardos benefícianse dos descontos do plan de transporte metropolitano, que supón aforros medios de 600 euros ao ano.

Os pasos son......

1
Paso 1

O primeiro: Consulta as áreas da túa zona metropolitana e os saltos que tes que dar para ir ao teu destino

2

E despois...Vai a unha oficina de Abanca para conseguir a tarxeta metropolitana e recargala

Paso 2
3
Paso 3

E por último...Goza das vantaxes do uso da tarxeta metropolitana!

E se teño algunha dúbida?

Áreas do transporte metropolitano