CIV

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A tarxeta de transporte metropolitano

É o medio de pagamento que permite aos cidadáns que a empreguen obter os descontos no prezo dos billetes que se abonan nos servizos de transporte público integrados no transporte metropolitano de Galicia.

Trátase dunha tarxeta- moedeiro que se pode cargar cun mínimo de 5 Euros e un máximo de 180 Euros, non podendo facer unha recarga diaria superior a 60 Euros, e sempre con cantidades múltiplos de 5 Euros.

Esta tarxeta non ten carácter persoal, polo que poderá ser utilizada indistintamente por calquera persoa. Os descontos por recorrencia non serán aplicables para cancelacións consecutivas (é dicir, se unha mesma viaxe é pagada coa tarxeta TMG para máis dunha persoa).

É unha tarxeta sen contacto con importantes vantaxes para o usuario, tales coma a bonificación por recorrencia (no suposto de que se superen as 40 viaxes mensuais) e a bonificación do transbordo.

Este medio de pagamento poderá ser adquirido nas oficinas das entidades financeiras adheridas ao Transporte Metropolitano de Galicia, na actualidade ABANCA.

Imaxe que mostra omo usar a túa tarxeta de transporte metropolitano

Documento/s relacionados
  • Oficinas de ABANCA. Listaxe completo (formato PDF) Descargar
  • Oficinas de ABANCA da área de A Coruña (formato PDF) Descargar
  • Oficinas de ABANCA da área de Santiago de Compostela (formato PDF) Descargar
  • Oficinas de ABANCA da área de Ferrol (formato PDF) Descargar
  • Oficinas de ABANCA da área de Lugo (formato PDF) Descargar
  • Oficinas de ABANCA da área de Vigo (formato PDF) Descargar