PODES UTILIZAR A TARXETA XENTE NOVA
Simplemente achegando a tarxeta, pola zona do chip, á parte central do lector. O son dun asubío indicará que a lectura é correcta.
PARA MANTER A TARXETA SEMPRE EN PERFECTO ESTADO, SÓ TES QUE SEGUIR ESTAS SINXELAS INSTRUCIÓNS:
- Non a expoñas ao sol nin a temperaturas elevadas e procura evitar cambios bruscos de temperatura.
- Protéxea da humidade e de ambientes corrosivos, como o salitre mariño.
- Nunca debes levar a túa TMG Xente Nova pegada ao teu móbil.
- Non intentes limpala con produtos corrosivos.