Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DA ÁREA DE COMPOSTELA PODERÁ POÑERSE EN MARCHA UNHA VEZ QUE O CONCELLO DE SANTIAGO APROBE O CONVENIO

O director xeral de Mobilidade convocou ao grupo de traballo do novo plan de transporte metropolitano da área de Santiago, co fin de fundamental pechar o calendario definitivo de implantación do transporte metropolitano

O retraso na ratificación institucional do convenio por parte do concello de Santiago impide actualmente proseguir a súa tramitación e, en consecuencia poder poñer xa en marcha o novo plan

Na reunión tamén se informou aos concellos das actuacións desenvolvidas para a posta a punto dos medios técnicos e cos operadores

 

Santiago, 7 de xullo de 2010.- O Plan de Transporte metropolitano da área de Compostela poderá poñerse en marcha unha vez que o concello de Santiago aprobe o convenio. O director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, reuniuse esta tarde en Santiago co grupo de traballo para a posta en marcha do novo Plan de Transporte Metropolitano na área de Compostela.

Neste proxecto de mobilidade están representados os 11 concellos da área, incluído Santiago como concello cabeceira. Esta reunión tivo como obxectivo fundamental pechar o calendario definitivo para a entrada en vigor do convenio que require a aplicación do novo plan.

Dende o concello de Santiago manifestaron ao director xeral o seu compromiso de adquirir as novas máquinas canceladoras mediante concurso, que prevén ter adxudicado a mediados do mes de outubro. No momento en que as devanditas máquinas estean instaladas nos autobuses e sexan operativas, poderá poñerse en marcha o novo Plan na área de transporte Compostelana.

Cómpre recordar que na reunión celebrada no mes de febreiro de 2010 consensuarase entre a Xunta e os concellos socios, o texto do convenio, e establecíase o compromiso expreso de telo tramitado e aprobado por todos e cada un dos concellos, a mediados de abril, abríndose un prazo de dous meses a partir de dita data, necesarios para o lanzamento da nova tarxeta.

O director xeral, como mostra do apoio institucional acadado polo convenio, destacou que nos 10 concellos nos que foi refrendado, 9 deles o aprobaron por unanimidade dos plenos correspondentes.

Igualmente, o director xeral informou ao conxunto dos integrantes da Comisión que neste momento falta a aprobación do concello de Santiago de Compostela, que aínda non puido ratificar o convenio. Non obstante, o devandito concello manifestou nesta reunión seu compromiso de aprobalo no menor prazo posible.

Rodríguez Bugarín tamén informou das actuacións que, desde o punto de vista operativo, se desenvolveron nestes meses nos distintos programas do plan, con especial incidencia na posta a punto da tecnoloxía necesaria para o funcionamento da nova tarxeta coa realización de distintas probas piloto das máquinas canceladoras homologadas para o novo plan.

Neste sentido analizáronse, entre outros temas, as dificultades xurdidas no concello de Santiago para a imprescindible substitución das máquinas canceladoras dos buses urbanos, financiadas integramente pola Xunta de Galicia mediante o citado convenio. A substitución destas máquinas é condición necesaria para que o funcionamento do novo plan de transporte xa que permite que a nova tarxeta acade todas as vantaxes previstas neste.