Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO DA ÁREA DA CORUÑA PODERÁ POÑERSE EN MARCHA UNHA VEZ QUE O CONCELLO CORUÑÉS APROBE O CONVENIO

O resto de concellos xa ratificaron a súa incorporación

O alcalde da Coruña confirmou hoxe ao conselleiro de Medio Ambiente que o concello dará a semana próxima a súa conformidade ao novo Plan

Unha vez recibida a adhesión do Concello da Coruña, a Xunta procederá á tramitación do convenio para a súa implantación

O director xeral de Mobilidade convocou esta mañá á Comisión de seguimento do novo plan de transporte metropolitano da área da Coruña co obxectivo de pechar o calendario definitivo de implantación do transporte metropolitano

Santiago, 7 de xullo de 2010.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, púxose en contacto esta mañá co alcalde da Coruña, Javier Losada, co obxectivo de manifestarlle a urxencia de que a institución municipal dea a súa conformidade o antes posible ao novo convenio do Plan de Transporte Metropolitano. O rexedor confirmou a conselleiro que o concello coruñés aprobará a semana próxima a súa adhesión ao convenio do novo Plan de Transporte Metropolitano, o que permitirá que a Xunta de Galicia poida realizar os trámites necesarios para a aprobación do convenio e a súa posterior sinatura por parte dos concellos.

Pola súa banda, o director xeral de Mobilidade. Miguel Rodríguez Bugarín, mantivo esta mañá na Coruña unha reunión coa Comisión de Seguimento do novo Plan de Transporte Metropolitano, na que están representados os 10 concellos que formarán parte de dito plan, é dicir, Abegondo, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. A reunión tivo como obxectivo fundamental pechar o calendario definitivo para a entrada en vigor do convenio e para a aplicación do novo plan. Esta replanificación é necesaria debido a que non se acadou o requisito básico ter referendado -institucionalmente por parte de todos os concellos- o texto do convenio no tempo previamente acordado.

Unha vez recibida a adhesión do Concello da Coruña ao convenio do transporte metropolitano, a Xunta poderá iniciar a tramitación necesaria para a implantación das medidas, entre elas o billete único, os transbordos gratuítos ou a integración tarifaria.

Miguel Bugarín recordou que na reunión do pasado 1 de marzo de 2010 consensuouse entre a Xunta e os concellos o texto do convenio, e establecíase o compromiso de telo tramitado e aprobado -por todos e cada un dos concellos- a mediados de abril. O director xeral sinalou que como mostra do apoio institucional acadado polo convenio, nos 9 concellos nos que foi referendado ata o de agora, foi aprobado por unanimidade en 7 deles polos plenos correspondentes.

No día de hoxe obtívose a ratificación da vontade inequívoca de apoio ao plan por parte dos dez concellos. Pola súa banda, a Xunta informou das actuacións que desde o punto de vista operativo se desenvolveron nestes meses nos distintos programas do plan, con especial incidencia na posta a punto da tecnoloxía necesaria para o funcionamento da nova tarxeta coa realización de distintas probas piloto coas máquinas canceladoras homologadas para o novo plan. Neste sentido comentouse que se teñen desenvolto probas piloto mediante a distribución de 60 tarxetas de proba a usuarios reais en distintos puntos da comunidade para actuar en distintas empresas, que teñen realizado preto de 700 operacións.