Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O NOVO TRANSPORTE METROPOLITANO DE FERROL ESTÁ PENDENTE DA APROBACIÓN INSTITUCIONAL DOS CONCELLOS DE FERROL, FENE E NARÓN

O director xeral de Mobilidade convoca á Comisión de seguimento do novo plan de transporte metropolitano da área de Ferrol, co obxectivo principal de pechar o calendario definitivo de implantación do transporte metropolitano

O retraso na ratificación institucional do convenio polos concellos de Ferrol, Fene e Narón impide tramitar, asinar e poñer en marcha no tempo previsto o novo plan

O director xeral informou aos concellos das actuacións desenvolvidas para a posta a punto dos medios técnicos e cos operadores

Santiago, 7 de xullo de 2010.- O director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, convocou a Comisión de Seguimento do novo Plan de Transporte Metropolitano na área de Ferrol, no que están representados os 10 concellos da área. Esta reunión tivo como obxectivo fundamental pechar o calendario definitivo para a entrada en vigor do convenio para a aplicación do novo plan, como consecuencia de non ter referendado institucionalmente por parte de todos os concellos o texto do convenio no tempo previamente acordado. Cómpre recordar que na reunión do pasado 10 de marzo de 2010 consensuarase -entre a Xunta e os concellos socios- o texto do convenio, e establecíase o compromiso de telo tramitado e aprobado por todos e cada un dos concellos a mediados de abril. O director xeral destacou que esta obriga foi cumprida por todos os concellos da área coa excepción de Ferrol, Fene e Narón, que aínda non o ratificaron. Non obstante, subliñou que como mostra do apoio institucional acadado ao convenio, destacou que nos 7 concellos nos que foi referendado foi aprobado por unanimidade dos plenos correspondentes.

Neste sentido na reunión pediu expresamente aos concellos de Ferrol, Fene e Narón que determinaran o prazo no que terán aprobado o convenio para poder fixar unha data para a súa entrada en vigor. Con esta solicitude buscase a ratificación da vontade inequívoca de apoio ao plan, nos termos previamente consensuados por todos os concellos socios, xa que este retraso provoca a dilatación da posta en marcha do plan e polo tanto da entrada en vigor das vantaxes para os cidadáns.

Por parte da Xunta informouse das actuacións que, desde o punto de vista operativo, se desenvolveron nestes meses nos distintos programas do plan. Miguel Bugarín puxo especial incidencia na posta a punto da tecnoloxía necesaria para o funcionamento da nova tarxeta coa realización de distintas probas piloto en distintas empresa e coas máquinas canceladoras homologadas para o novo plan. Neste sentido, detallou que na área de Ferrol se desenvolveron as probas piloto mediante a distribución de 60 tarxetas de proba a usuarios reais para actuar en distintas empresas, que teñen realizado preto de 700 operacións.