Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O GOBERNO GALEGO LICITA POR 500.000 O ESTUDO DE VIABILIDADE E A REDACCIÓN DO ANTEPROXECTO DO METRO LIXEIRO DE SANTIAGO

Dende a Consellería de Medio Ambiente tamén se aposta por un deseño que ofreza servizos entre ámbitos especialmente significativos, como a Zona monumental e a Cidade da Cultura

A Xunta avanza un paso máis na tramitación do estudo de viabilidade e o anteproxecto do metro lixeiro de Santiago xa que o pasado 27 de maio licitouse a través do Diario Oficial da Unión Europea

O Goberno galego aposta por potenciar un deseño tecnolóxico común para todos os metros lixeiros que se desenvolverán tamén nas cidades de A Coruña e Vigo

Santiago, 9 de xuño de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación por 500.000 euros- Dende a Consellería de Medio Ambiente apostase por un deseño que ofreza servizos entre ámbitos especialmente significativos, como a Zona monumental e a Cidade da Cultura. A Xunta avanza un paso máis na tramitación do estudo de viabilidade e o anteproxecto do metro lixeiro de Santiago xa que o pasado 27 de maio licitouse a través do Diario Oficial da Unión Europea.

Este proxecto está caracterizado pola intermodalidade, xa que se afinará nunha solución técnica que permita potenciar a conexión do aeroporto de Labacolla coa cidade, a área metropolitana e os sistema de transporte público de Galicia coas características técnicas que se deriven (plataforma reservada ou compartida parcialmente, vía sinxela ou dobre). Ademais, tamén analizarase de xeito especial a viabilidade técnica e económica da conexión entre o aeroporto e a liña de Alta Velocidade do Eixo Atlántico.

A Xunta avanza un paso máis na tramitación do estudo de viabilidade e o anteproxecto do metro tramitación do metro lixeiro de Santiago xa que o pasado 27 de maio licitouse a través do Diario Oficial da Unión Europea. No primeiro semestre de 2011 a Xunta de Galicia presentará o estudo e o plan de rede do metro lixeiro de Santiago, de ámbito metropolitano, para posteriormente analizar as alternativas plantexadas e a súa viabilidade e redactar o anteproxecto de construción e explotación, ademais do estudo económico-financeiro, que estará listo no último trimestre de 2012.

O Goberno galego pretende que este proxecto conte cunha ampla participación pública, polo que se terán en conta as consideracións da comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano, e de xeito particular, as aportacións que poidan realizar os concellos implicados. Ademais, contarase cunha páxina web específica para interactuar cos axentes e cos cidadáns.

O novo estudo e anteproxecto do metro lixeiro de Santiago -ao igual que os que están en licitación neste momento para as áreas de Vigo e A Coruña- realizarase en tres fases. Na primeira concretaranse os estudos previos e o plan de rede, no que se incluirán todos os aspectos necesarios para a definición de obxectivos da rede, como: un estudo social, a conexión cos sistema de transporte existente, un diagnóstico do sistema de transporte para poder determinar as necesidades funcionais e configuración básica do novo sistema. Así mesmo, realizarase unha avaliación Ambiental do Plan segundo o marcado pola Lei 9/2006, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente.

A segunda fase centrarase no estudo de viabilidade e alternativas, polo que se levará a cabo unha análise co fin de comparar e valorar as posibles opcións de desenvolvemento da rede e, por último, na terceira fase, redactarase o anteproxecto de construción e explotación, así como o estudo económico-financeiro. Neste punto da tramitación desenvolverase o anteproxecto da alternativa seleccionada de liñas a desenvolver inicialmente, no que se incluirán aspectos, como as infraestruturas, instalacións e sistemas de explotación; tamén realizarase unha proposta para a integración e reordenación urbana.

Cómpre engadir que a empresa adxudicataria disporá dun período de 30 meses para a materialización destes traballos.

Deseño tecnolóxico común
A pretensión da Xunta é establecer un deseño tecnolóxico común para os metros lixeiros de Galicia, polo que se propiciará o aforro de escala no material móbil,a sinalización e dos elementos singulares da vía. A Dirección Xeral de Mobilidade será a entidade que coordinará os novos estudos da Coruña, Santiago e Vigo e que todos estes sistemas integraranse no Ente Ferroviario de Galicia.