Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

NA SEGUNDA MITADE DESTE MES PORÁNSE EN MARCHA OS NOVOS SERVIZOS DE TRANSPORTE ENTRE O AEROPORTO DE LAVACOLLA E SANTIAGO, INCREMENTANDO A CALIDADE E A FRECUENCIA

O director xeral de Mobilidade explicou esta mesma mañá as melloras destes novos servizos na alcaldía co concelleiro delegado de Mobilidade e Transportes

A intención da Xunta será incorporalo ao novo Plan de Transporte Metropolitano; xa dende o principio os usuarios poderán utilizar a tarxeta metropolitana de Galicia

 

Santiago, 4 de xuño de 20010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anuncia que ao longo da segunda quincena deste mes poranse en marcha os novos servizos de transporte entre o aeroporto de Lavacolla e Santiago de Compostela, polo que esta ampliación suporá incrementar en calidade e frecuencia os servizos do transporte público. Esta decisión ten o propósito de que as negociacións que existen entre o concello e a Xunta de Galicia non atrasen a posta en marcha destes servizos, de incuestionable interese nun ano tan sinalado.
Deste xeito, establécese un servizo específico e diferenciado, no que se potencia a intermodalidade (cos servizos de autobús interurbano, metropolitanos e ferroviarios, á parte dos propios servizos de transporte aéreo). Estes servizos ofrécense cunha frecuencia regular de 30 minutos, diariamente. O primeiro servizo sairá dende Santiago cara ao aeroporto ás 6 da mañá e o último ás 12 da noite. No sentido contrario, o primeiro servizo sairá do aeroporto ás 6.45 h e o último ás 12.45 h..
Se mellorará a calidade do servizo, mediante a incorporación de tres vehículos novos, que entrarán progresivamente en operación. Estes vehículos estarán especificamente deseñados para o servizo ao aeroporto (piso semibaixo tipo "low entry", accesibilidade mellorada con maletas, etc.). Ademais, estes autobuses terán unha imaxe específica que identifique doadamente os servizos ao aeroporto. O primeiro destes vehículos incorporarase a finais deste ano e os restantes no 2011. Hasta que se produza a renovación dos vehículos, a empresa asume a dotación para o servizo de vehículos de menos de 6 anos.
Por último, tratarase de mellorar a información sobre este servizo, previndo unha actuación tecnolóxica singular que permita informar acerca do tempo para a próxima chegada dun autobús nas principais terminais (aeroporto, estación de autobuses e de ferrocarril).
Estes servizos utilizarán a estrada N-634, co que ofrecerán servizos de transporte, ademais de ao aeroporto, á Compañía da Radio Televisión de Galicia e aos centros hoteleiros situados tanto na Lavacolla como nas zonas do Monte do Gozo, San Lázaro e o Pazo de Congresos, No percorrido urbano, inicialmente terá paradas na estación de autobuses, na rúa Dr. Teixeiro, e na estación de ferrocarril, co obxectivo de que os servizos teñan a maior accesibilidade tanto á cidadanía como á outros modos de transporte. Na medida que as conversacións co Concello avancen, estas paradas poderían aumentarse.

Colaboración
Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas quérese subliñar que a posta en marcha de estes servizos faise paralelamente ao mantemento de conversas co Concello, na procura de novas solucións para mellorar á accesibilidade destes servizos á cidade de Compostela. Neste aspecto, ambas as dúas institucións están de acordo en seguir traballando para conseguir un servizo de conexión ao aeroporto o máis eficaz posible.