- Para beneficiarse das bonificacións os veciños poden facer a xestión dende hoxe e durante todo o mes de novembro, recibindo a bonificación como recarga da tarxeta
- Trátase dunha nova vantaxe do Plan de Transporte Metropolitano, que financiará o Concello de Mugardos con 10.000 euros ao ano
- Ás persoas en dificultades bonificaráselles o 100 % das viaxes aforrando 1,30 euros cada vez que vaian a Ferrol, mentres que os estudantes pasarán de pagar 1,30 euros a 0,975 euros por cada viaxe
- Estes descontos son acumulables aos resto de bonificacións de recorrencia e sociais, como a bonificación a estudantes da Universidade da Coruña no campus de Ferrol ou a bonificación de familia numerosa
Mugardos (A Coruña), 26 de outubro de 2015.- A Xunta implantará a Tarxeta Metropolitana Social no Concello de Mugardos dende o día 1 de novembro, con descontos adicionais no transporte para as persoas con dificultades económicas e estudantes. Para a coordinación deste servizo, a directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, mantivo hoxe unha reunión co alcalde, Juan Domingo de Deus e co concelleiro de Servizos.
Trátase dunha nova vantaxe do Plan de Transporte Metropolitano, que financiará, neste caso, o Concello de Mugardos, cunha achega de 10.000 euros ao ano.
As contías destas subvencións repártense da seguinte maneira: para as persoas en dificultades bonificaráselles o 100 % das viaxes, cun máximo de 10 ao mes, mentres que os estudantes, con rendas familiares inferiores ao 80 % do IPREM de renda per cápita mensual, verán reducido o prezo do billete nun 25 %, cun máximo de 41 viaxes mensuais.
Para beneficiarse das bonificacións os veciños poden facer a xestión dende hoxe e durante todo o mes de novembro, recibindo a bonificación como recarga da tarxeta. Ás persoas en dificultades bonificaráselles o 100 % das viaxes aforrando 1,30 euros cada vez que vaian a Ferrol, mentres que os estudantes pasarán de pagar 1,30 euros a 0,975 euros por cada viaxe. Estes descontos son acumulables aos resto de bonificacións de recorrencia e sociais, como a bonificación a estudantes da Universidade da Coruña no campus de Ferrol ou a de familia numerosa
Esta aplicación social permite ao promotor das axudas unha gran flexibilidade para determinar o eido xeográfico, subxectivo, económico e temporal de aplicación das subvencións.
As persoas usuarias dadas de alta para un colectivo determinado nun municipio da Área de Transporte Metropolitano, percibirán a bonificación que lles corresponda a finais do mes seguinte a aquel no que se xere o dereito a desconto.
O plan de transporte metropolitano, dende a súa posta en marcha en 2011 ten bonificado xa case de 52 millóns de viaxes, dos cales case 11,5 millóns na área de Ferrol e 400.000 no concello de Mugardos.
Unhas 6.600 viaxes mensuais realizadas dende o Concello de Mugardos benefícianse dos descontos do plan de transporte metropolitano, que supón aforros medios de 600 euros ao ano.
20 seg
20 seg
20 seg
20 seg
20 seg
Envía a túa consulta a través do formulario de suxestións ou revisa as preguntas máis frecuentes