A recarga diaria mínima é de 10 euros (en múltiplos de 10) e a recarga diaria máxima de 60 euros.O saldo máximo permitido en tarxeta é de 180 euros.
No caso de que a tarxeta se rompa, o usuario deberá solicitar unha nova. Neste caso, se a rotura é por mor do mal uso do usuario ou transcorreron 2 ou máis anos dende a data de emisión da tarxeta, cobrarase a comisión de 2 euros.
No caso de que a tarxeta se perda ou extravíe, o saldo dispoñible na tarxeta non se poderá recuperar, polo que a tarxeta poderá seguir sendo usada ata esgotar o saldo da mesma. Poderase solicitar o bloqueo da tarxeta extraviada para non efectuar recargas na mesma, pero non se poderá evitar que o saldo da devandita tarxeta sexa usado nos autobuses ata esgotalo.
Grazas á bonificación que asume a administración, o custo da tarxeta para as persoas usuarias é de 2 euros, con independencia de que se soliciten varias para membros dunha mesma familia. A súa obtención é inmediata.
A tarxeta Xente Nova é gratuíta na súa primeira adquisición.
Co Plan de Transporte Público de Galicia, as bonificacións por recorrencia se amplían a toda Galicia.
• No caso de viaxes que teñan lugar dentro das Áreas de transporte metropolitano en vigor, continuarase a aplicar unha bonificación adicional por recorrencia do 15% do importe consumido no mes, cando se realicen 41 ou máis viaxes metropolitanas no mes natural.
Así, se no mes de marzo se realizan 45 viaxes de 0 ou 1 saltos (0,88 euros), cando se recargue a tarxeta a partir do 1 de maio, disporase dunha bonificación de 5,94 euros.
• No resto de viaxes, que teñan orixe e/ou destino en concellos que non formen parte de ningunha das Áreas de transporte metropolitano en vigor, co Plan de Transporte Público de Galicia ofrecerase tamén unha bonificación adicional para as persoas que viaxen habitualmente.
Esta bonificación é asumida no marco de cada concesión, polo que se aplicará ás viaxes que se fagan entre os mesmos concellos de orixe e de destino, e nos servizos dunha mesma concesionaria.
Neste caso, a bonificación é escalada, polo que se abonará o 25% do prezo de cada viaxe entre a 21 e a 40, e o 50% do prezo das viaxes da 41 en diante.
Deste modo, se no mes de febreiro se realizan 35 viaxes entre Lalín e Silleda, cun prezo por viaxe de 1,35 €, terá dereito a unha bonificación de 5,06 € (co que cada viaxe sáelle por 1,20 € fronte ao 1,50€ dos pagamentos en efectivo). Se esa persoa fixese 53 viaxes no mes de marzo, bonificaríanselle 15,53 €, co que cada viaxe sairíalle por tan só 1,05 €.
O acceso a estas bonificacións require que o pagamento se realice coa Tarxeta do transporte de Galicia, e de pagar a viaxe de varias persoas coa mesma tarxeta, só se contará unha delas.
A partir da conclusión do mes seguinte a aquel no que se viaxou, a Xunta de Galicia porá a bonificación a disposición da persoa beneficiaria nos caixeiros de ABANCA. O prazo de caducidade para a aceptación da recarga é de 2 meses.
Así, a bonificación por viaxes do mes de marzo estará á súa disposición durante os meses de maio e xuño.
No caso de que máis dunha persoa desexe realizar unha mesma viaxe e pagar cunha única tarxeta de transporte, para beneficiarse do transbordo é necesario que, en cada unha das etapas da viaxe, se adquiran BILLETES MÚLTIPLES (un único billete para todas as persoas que viaxan).
No caso de que adquiran nas distintas etapas billetes sinxelos (un billete independente por cada unha das persoas que viaxan), só se aplicará o transbordo a unha das persoas que viaxen.
No caso de que adquiran billetes sinxelos nunha das etapas e despois billetes múltiples, NON se aplicará o transbordo.
No ámbito das Áreas de transporte metropolitano, non se xera o dereito á bonificación do transbordo nos seguintes supostos:
• Pagamento en efectivo.
• Se a segunda etapa da viaxe é de volta. Por exemplo, viaxe de Santiago de Compostela a Milladoiro, estamos ante unha viaxe dun salto que custa 0,88 euros e que ten fixado un tempo para o transbordo de 60 minutos. Se non pasa ese tempo e se realiza viaxe de volta de Milladoiro a Santiago, debe abonarse o prezo doutra viaxe, é dicir, 0,88 euros.
• De se facer unha etapa intermedia no transporte urbano: unha viaxe no transporte urbano integrado no Plan de transporte metropolitano (o da Coruña, Lugo ou Santiago de Compostela), será gratuíta de se facer despois (ou antes) dunha viaxe metropolitana interurbana, pero interromperá o transbordo no caso de facerse no medio de dúas viaxes metropolitanas interurbanas.
Viaxe de Val do Dubra a Boqueixón (2 saltos, prezo 1,34 euros): pola viaxe de Val do Dubra a Santiago de Compostela descóntanse na tarxeta 0,88 euros (viaxe 1 salto); a continuación cóllese un novo servizo metropolitano con destino a Boqueixón, nese caso, a persoa que viaxa tería que pagar nese momento 0,46 euros (diferenza entre o que custa a viaxe, 1,34 €, e o xa abonado na primeira parte do traxecto, 0,88 €).
O saldo da tarxeta pode consultarse nos caixeiros da entidade bancaria colaboradora (ABANCA).
Cada tarxeta vai vinculada á persoa que a solicita, pero non ten carácter nominativo. Así, o solicitante da tarxeta é responsable desta, pero pode prestarlla a outras persoas.
Si, pódese facer. No caso de que máis dunha persoa desexe realizar unha mesma viaxe e pagar cunha única tarxeta metropolitana, para beneficiarse do transbordo é necesario que, en cada unha das etapas da viaxe, se adquiran BILLETES MÚLTIPLES (un único billete para todas as persoas que viaxan).
No caso de que adquiran nas distintas etapas billetes sinxelos (un billete independente por cada unha das persoas que viaxan), só se aplicará o transbordo a un dos viaxeiros.
No caso de que adquiran billetes sinxelos nunha das etapas e despois billetes múltiples, NON se aplicará o transbordo.
O pagamento das viaxes de máis dunha persoa coa mesma tarxeta NON se computarán para o abono por recorrencia.
Os dous primeiros anos pódese substituir gratuitamente nas oficinas de ABANCA distribuidoras da tarxeta. Pasados os dous anos, ou se o defecto da tarxeta se debe a un uso incorrecto da mesma, deberase aboar o importe dunha tarxeta nova.
ABANCA dispón de ata 206 oficinas habilitadas para a distribución da tarxeta do transporte de Galicia e 215 para a Tarxeta Xente Nova, distribuídas en ata 144 concellos.
Marcando aquí dispón da relación de oficinas distribuidoras en formato folla de cálculo, ou agrupadas por provincia en formato pdf.
O Plan de transporte metropolitano leva consigo importantes vantaxes para as persoas usuarias:
• Cun único medio de pagamento (TARXETA DE TRANSPORTE) poderase pagar tanto o autobús interurbano como o urbano de concellos integrados (A Coruña, Lugo e Santiago de Compostela), sendo válida para todas as áreas de transporte e, en xeral, para todos os servizos de transporte en autobús da Xunta de Galicia.
Ademais, tamén se pode empregar para outros modos de transporte integrados, como os servizos de Renfe na ATM de Ferrol, ou o barco na ATM de Vigo.
• Sistema tarifario zonal. Pagarase en función das “Zonas” de transporte entre as que viaxe e o número de "saltos" definidas entre elas.
Na seguinte ligazón recóllese información relativa a cada área de transporte metropolitano en funcionamento.
Para coñecer o importe dunha viaxe bastará con ver en que “zona” de transporte están as paradas de orixe e destino, tendo en conta que cada zona corresponde cun ou varios concellos; despois, bastará ver o número de “saltos” definidos entre as dúas zonas e o prezo que corresponda a ese número de saltos. Pagando coa tarxeta do transporte, o prezo será o mesmo se para facer esa viaxe disponse dun servizo directo ou se hai que transbordar; tampouco encarecerá a viaxe se a expedición en concreto non é a máis directa entre os dous puntos.
• Os transbordos están bonificados: en función do número de "saltos" que teña a viaxe, disponse dun tempo determinado (a información figura na web) para subir noutros autobuses (urbanos ou metropolitanos) sen necesidade de pagar máis do que custa a viaxe. É dicir, se para ir ó destino non hai unha liña directa e cómpre coller máis dun autobús, a viaxe non custará máis. Así, se por exemplo, a viaxe é de 1 salto, e para chegar ao destino hai que subir en 2 autobuses, a viaxe custará 0,88 euros, sempre e cando se cambie de autobús no marco temporal de 60 minutos (unha hora).
• Bonificación por recorrencia: A bonificación por recorrencia aplícase cando se realicen 41 ou máis viaxes metropolitanas no mes natural.
Si, pódese empregar a tarxeta tanto en calquera das áreas nas que estea implantado o transporte metropolitano como no resto de servizos de transporte da Comunidade Autónoma.
Nas Áreas dará dereito á aplicación das tarifas zonais previstas para as mesmas, e no resto de Galicia, suporá tanto un aforro do 10% sobre o prezo do billete como a posibilidade de bonificacións por recorrencia, estando previsto que se vaian introducindo maiores vantaxes progresivamente.
Un salto é un paso dunha zona de transporte a outra.
Na seguinte ligazón recóllese información relativa a cada área de transporte metropolitano. Así pódese consultar os "mapas zonais" (mapas que indican cantas zonas de transporte hai en cada área e qué concellos abranguen). Na táboa 1, verase cantos "saltos" ten a viaxe.
No transporte metropolitano, o tempo para realizar o transbordo bonificado depende do número de saltos que teña a viaxe. Así:
Saltos | Tempo permitido |
0 | 60 minutos |
1 | 60 minutos |
2 | 75 minutos |
3 ou máis | 90 minutos |
Pódense formular as queixas ou suxestións a través do enlace habilitado a estes efectos na páxina web ou ben a través do correo electrónico do transporte metropolitano tmg@xunta.es. Serán atendidas á maior brevidade posible.
Os problemas de funcionamento da tarxeta seran resoltos nas oficinas de ABANCA.