CIV

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia ten como obxectivo fundamental mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo de transporte público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado.

Nesta liña, a Xunta de Galicia e os concellos das diferentes Áreas Metropolitanas están a traballar para a posta en marcha dos novos Plans de Transporte Metropolitano co obxectivo de mellorar a competitividade, calidade e eficiencia do servizo.

O Plan de Transporte Metropolitano na Área de A Coruña activouse o 24 de xaneiro de 2.011. As Áreas de Santiago de Compostela e de Ferrol se implantaron respectivamente con data do 14 e do 21 de marzo de 2011, o Plan da Área de Lugo implantouse o 5 de novembro de 2012 e o Plan da Área de Vigo implantouse o 27 de abril de 2015.

Piares do novo Plan de Transporte Metropolitano:

Tres son os piares fundamentais do novo plan:

  • Integración tarifaria: a novidade radica no cambio do actual modelo quilométrico a un modelo zonal. Isto supón pasar de prezos baseados na distancia xeográfica entre os puntos de orixe e chegada a unha tarifa única para cada ámbito zonal previamente definido, sen que haxa diferenzas segundo o modo de transporte público utilizado, a empresa que preste o servizo e o número de transbordos que fagan as persoas usuarias na mesma viaxe, porque estes estarán bonificados cando se realicen dentro do marco temporal habilitado para cada zona.
  • Mellora da oferta de servizos: Incrementaranse os servizos de transporte a través da implantación dos servizos de interese municipal (SiMu) e de servizos de interese metropolitano (SiMe).
  • Mellora das infraestruturas: o obxectivo é mellorar a información para a cidadanía nas terminais e puntos de parada. Para iso actuarase sobre cuestións tales como a colocación e renovación de marquesiñas e postes de parada.