Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Conformidade a estándares e accesibilidade desta web

  • Conformidade a estándares e accesibilidade desta web

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

O contido está en formato XHTML - unha linguaxe de composición de hipertexto, estándar aberto desenvolvido e recomendado polo W3C, o Consorcio da Web.

Os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) están escritos de xeito concorde ao nivel de prioridade A das Directrices de Accesibilidade para Contido Web do W3C.

Empréganse follas de estilo (CSS, outro estándar do W3C) para asignar os formatos de presentación e para distribuír nas páxinas os contidos e as ligazóns.

Recoméndase empregar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Netscape Navigator, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari, etc.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

En coherencia con este obxectivo, o deseño da web da Xunta de Galicia realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C.

Se vostede atopa algunha dificultade para acceder ao contido ou para entendelo, por favor comuníquea a través do formulario de Atendémolo/a