Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A política tarifaria

  • A nova tarxeta de transporte metropolitano

A tarxeta de transporte metropolitano é agora a tarxeta de transporte público de Galicia

A política tarifaria aplicada no Plan de Transporte Metropolitano aporta grandes vantaxes ás persoas usuarias.

No ámbito das Áreas de Transporte Metropolitano déronse os primeiros pasos en Galicia para a implantación dun sistema de tarifas de carácter zonal, no que as persoas usuarias pagan pola súa viaxe un mesmo prezo para calquera viaxe entre dous concellos, calquera que sexan as paradas deles e os concretos servizos de transportes que deban utilizar.

Este sistema require dun complexo soporte tecnolóxico, baseado actualmente nunha tarxeta sen contactos, a Tarxeta do transporte público de Galicia (ata agora, a TMG), coa que se pode pagar en todos os modos de transporte integrados, permitindo a xestión de tarifas bonificadas, máis baratas, a aplicación da tarifa zonal, con transbordos gratuítos, así como outras bonificacións adicionais, como as bonificacións por recorrencia, que permiten devolverlle ás persoas usuarias que fagan máis de 41 viaxes metropolitanos no mes natural o 15% de todo o que gastasen nese tipo de viaxes no correspondente mes.

Ademais, a tarxeta poderase utilizar no sistema de transporte urbano nas cidades no que estea implantado.

O resultado é unha mellora das condicións económicas nas que viaxa a cidadanía, facendo o transporte público máis atractivo e accesible para todas as persoas. 

Estas vantaxes están a ser melloradas co Plan de Transporte Público de Galicia, que xa permite utilizar a tarxeta do transporte na totalidade dos servizos de transporte interurbano de Galicia, o que para viaxes fóra das Áreas de transporte metropolitano supón directamente un desconto do 10% sobre a correspondente tarifa. Ademais, para viaxes non incluídas nas ATM, tamén se poderá acceder a bonificacións por recorrencia, nese caso facendo máis de 20 viaxes no mes entre os mesmos concellos de orixe e destino.

 

Exemplos de funcionamento do sistema

Coa tarifa zonal, o prezo da viaxe depende do número de saltos que se estableceron entre os concello integrados na Área de transporte metropolitano de orixe e o de destino da viaxe, e do medio de pagamento utilizado (en efectivo ou coa Tarxeta de transporte); ademais, o transbordo será bonificado dentro dun período de tempo establecido.

Adicionalmente, establécense maiores descontos para os usuarios recorrentes, aqueles que fagan máis de 40 viaxes ao mes, aos que se lles devolverá o 15% do que gastasen nese mes.