É o medio de pagamento que permite aos cidadáns que a empreguen obter os descontos no prezo dos billetes que se abonan nos servizos de transporte público integrados no transporte metropolitano de Galicia.
Trátase dunha tarxeta- moedeiro que se pode cargar cun mínimo de 5 Euros e un máximo de 180 Euros, non podendo facer unha recarga diaria superior a 60 Euros, e sempre con cantidades múltiplos de 5 Euros.
Esta tarxeta non ten carácter persoal, polo que poderá ser utilizada indistintamente por calquera persoa. Os descontos por recorrencia non serán aplicables para cancelacións consecutivas (é dicir, se unha mesma viaxe é pagada coa tarxeta TMG para máis dunha persoa).
É unha tarxeta sen contacto con importantes vantaxes para o usuario, tales coma a bonificación por recorrencia (no suposto de que se superen as 40 viaxes mensuais) e a bonificación do transbordo.
Este medio de pagamento poderá ser adquirido nas oficinas das entidades financeiras adheridas ao Transporte Metropolitano de Galicia, na actualidade ABANCA.