Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia

En Galicia, a través do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, a Xunta de Galicia e máis os concellos participantes comezaron unha liña de colaboración dirixida a fomentar a utilización do transporte público, co obxectivo fundamental de mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo de transporte público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado.


Neste sentido, o Plan de Transporte Metropolitano na Área de Transporte Metropolitano da Coruña activouse o 24 de xaneiro de 2011. As áreas de Santiago de Compostela e de Ferrol implantáronse, respectivamente, o 14 e o 21 de marzo de 2011, a de Lugo o 5 de novembro de 2012, e a de Vigo o 27 de abril de 2015.


Piares do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia:


Son tres os piares fundamentais do novo plan:


•    Integración tarifaria: cambiouse o anterior modelo quilométrico a un modelo zonal. Isto supón pasar de prezos baseados na distancia xeográfica entre os concretos puntos de orixe e destino, a unha tarifa única para cada ámbito zonal previamente definido, sen que haxa diferenzas segundo o modo de transporte público utilizado, a empresa que preste o servizo, as voltas que poida ter que dar o autobús para unir varias paradas, ou o número de autobuses que teñan que coller as persoas usuarias para chegar a destino.


Neste sentido, o transporte metropolitano anticipou nestas zonas o modelo de tarifas que o Plan de Transporte Público de Galicia estende a toda Galicia.


•    Mellora da oferta de servizos: Incrementáronse os servizos de transporte a través da implantación daqueles servizos de interese municipal que definiron os concellos.


•    Mellora das infraestruturas: mellorouse a dotación de infraestruturas, tales como marquesiñas e postes de parada, así como a información para a cidadanía nas terminais e puntos de parada, especialmente a través de novas ferramentas tecnolóxicas (bus.gal)