Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A XUNTA COMEZA A RETIRADA DA TARXETA LARANXA DO TRANSPORTE METROPOLITANO DE GALICIA E UNIFICA O USO DA AZUL NOS TRENS E AUTOBUSES INCORPORADOS AO PLAN

- A partir do 15 de abril non se poderán facer máis recargas de saldo nas tarxetas con contactos (cor laranxa)e dende o 31 de maio non se admitirá como medio de pago na flota de transporte
- Os usuarios poderán traspasar o saldo das súas tarxetas laranxas á azul a través da rede de caixeiros de Nova Galicia Banco

Santiago, 21 de marzo de 2012.- O plan de transporte metropolitano na provincia da Coruña avanza un paso máis coa unificación do uso de tarxetas. Así, a partir do 15 de abril non se poderán facer máis recargas das tarxetas con contactos, as de cor laranxa, co fin de que a partir do 31 de maio non ter en circulación ningunha tarxeta deste modelo, como medio de pagamento. Dende esa data, só se admitirá o pago coa tarxeta azul (sen contactos) e coa tarxeta Millenium para viaxar na flota de vehículos que forman parte do plan de transporte metropolitano das área de Santiago, Ferrol e A Coruña.

Deste xeito, ábrese un período transitorio no que se poderán empregar as dúas tarxetas e habilítase un período de 45 días para que os usuarios realicen a migración de tarxeta.

O proceso para transferir o saldo é sinxelo e poderase realizar os sete días da semana as 24 horas do día a través da rede de caixeiros da entidade bancaria Nova Galicia Banco. Os usuarios deben completar unha serie de seis pasos para facer efectivo o traslado do saldo da antiga tarxeta do plana (laranxa) á nova (a de cor azul).

O PTM nas tres áreas
O número de usuarios do transporte metropolitano das tres áreas da provincia da Coruña (A Coruña, Santiago e Ferrol) incrementouse en máis de 260.000 dende o mes de xaneiro, en que se implantou a nova tarxeta metropolitana, ata o mes de xuño. Neste período os viaxeiros deste servizo pasaron de 487.063 aos 747.667.

O sistema tarifario do Plan de Transporte Metropolitano da Coruña consta de 6 zonas nas que se enmarcan os 10 concellos integrados no PTM: A Coruña, Arteixo, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Créase unha área metropolitana beneficiada que suma máis de 400.000 galegas e galegos.

As estimacións da Consellería de Medio Ambiente son, coas medidas implantadas, incrementar un 20% o uso do transporte público, permitindo retirar 7.000 vehículos diarios das rúas da cidade da Coruña e o seu contorno.

No caso do transporte metropolitano de Coruña, o número de usuarios incrementouse en máis de 180.000 dende o mes de xaneiro, en que se implantou a nova tarxeta metropolitana, ata o mes de xuño. Os viaxeiros deste servizo pasaron de 240.764 aos 422.673. No seguinte gráfico móstrase a evolución dende xaneiro ata xuño.

(Consultar gráfico1 en "Descargar Arquivo")


PTM de Ferrol
Tamén no caso do Plan de Transporte Metropolitano de Ferrol a implantación das novas medidas incorporadas ao transporte metropolitano, con importantes descontos nas viaxes e transbordos gratuítos, confirman unha tendencia á alza no uso do transporte público.

(Consultar gráfico2 en "Descargar Arquivo")

Como mostra desta tendencia, o número de usuarios de transporte metropolitano en Ferrol incrementouse nun 16% dende que se puxo en marcha a nova tarxeta metropolitana, no mes de marzo. Os viaxeiros pasaron de 153.538 en xaneiro a 182.616 en marzo e a 188.541 en maio, cun leve descenso estacional ata os 178.783 en xuño.


Ao igual que na Coruña, en Ferrol tamén se diferencian 6 zonas nas que se enmarcan os 10 concellos integrados no PTM: Ferrol, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda, Pontedeume e Valdoviño.

No caso do PTM de Ferrol, este mesmo mes avanzouse un novo paso, xa que dende o pasado 12 de marzo xa se pode utilizar nos servizos de FEVE a nova tarxeta azul metropolitana, o que na práctica supón a integración plena do ferrocarril de vía estreita no Plan de Transporte Metropolitano de Ferrol.

Así, Medio Ambiente subvenciona os treitos de trens comprendidos entre Ferrol e Narón, con paradas en oito estacións, de modo que os usuarios poderán combinar tanto o transporte en autobús urbano como o transporte ferroviario beneficiándose dos descontos do PTM de Ferrol.

Os percorridos que se subvencionan a través do PTM de Ferrol serán os das liñas Ferrol-Xuvia, Ferrol- San Sadurniño, Ferrol- Cerdido e Ferrol- Ortigueira que teñen parada nas 8 estacións de Narón: Virxe do Mar, Santa Icía, Piñeiros, O Ponto, Xuvia, Ferrerías, Sedes e Pedroso (que é a derradeira parada subvencionada); e no percorrido inverso.

Santiago
En relación co plan de transporte de Santiago, o número de usuarios do transporte metropolitano da área de Santiago de Compostela incrementouse nun 66% dende que se puxo en marcha a nova tarxeta de transporte metropolitano no mes de marzo. A Consellería de Medio Ambiente salienta que os viaxeiros do TPM pasaron de 92.761 en xaneiro a 129.341 en marzo e a 166.701 en maio, cun descenso estacional no mes de xuño aos 146.211. No seguinte gráfico móstrase a evolución no número de viaxeiros do transporte metropolitano de Santiago dende a súa posta en servizo, en marzo, ata xuño.

(Consultar grafico3 en "Descargar Arquivo")


O novo sistema tarifario do plan de Transporte Metropolitano de Santiago, implantado no mes de marzo, consta de 6 zonas tarifarias nas que se enmarcan os 11 concellos integrados no PTM: Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Brión, Oroso, O Pino, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra. Desta forma, máis de 178.000 galegos benefícianse do sistema de transporte.


Por último, para acceder a máis información sobre este programa na web: http://www.transportemetropolitano.xunta.es
 

Documento/s relacionados
Ligazon/s relacionadas