Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO XA ESTÁ EN VIGO, DENDE O 27 DE ABRIL

A partir do 27 de abril de 2015 empeza a funcionar o programa de transporte público impulsado pola Xunta de Galicia e 12 concellos da comarca (Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Pazos de Borbén) e do que tamén se beneficiarán os cidadáns que realicen os seus desprazamentos entre Vigo e eses municipios empregando a tarxeta TMG.

O emprego da Tarxeta de Transporte Metropolitano ofrecerá aos usuarios descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas e un sistema de billete único que facilita a intermodalidade, xa que na área de Vigo, este Plan inclúe o transporte de ría.

Así mesmo, os usuarios recorrentes, é dicir, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, terán unha bonificación adicional do 15% e os membros de familias numerosas obterán descontos de entre o 20% (categoría normal) e o 50% (familia numerosa especial). Estas bonificacións adicionais serán contabilizadas e procesadas e o sistema realizará unha recarga dous meses despois na tarxeta con tan só introducila no caixeiro automático.

Nos enlaces situados máis abaixo obterá información acerca das tarifas, a obtención da tarxeta, etc.