Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

TMG SOCIAL

PARA MÁIS INFORMACIÓN DEBE DIRIXIRXE A CALQUERA DOS CONCELLOS CITADOS NOS QUE ESTEA EMPADROADO.

A TARXETA XENTE NOVA

A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte de Galicia que permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratuítas.

Accede á información sobre as vantaxes desta tarxeta en bus.gal

DESCONTOS POR FAMILIA NUMEROSA

Nas Áreas de transporte metropolitano, como bonificación adicional ás establecidas para todas as persoas usuarias, as familias numerosas de categoría xeral poden acceder a unha bonificación do 20% do prezo do billete, bonificación que se incrementa ata o 50% no caso das familias numerosas de categoría especial. Estas bonificacións son de aplicación calquera que sexa a tarifa que corresponda ás súas viaxes.

Para mais información consulte o seguinte enlace: https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/familia-e-infancia/familias-numerosas/aplicacion-social-do-transporte-de-galicia

Ademais, co Plan de Transporte Público de Galicia estas vantaxes serán de aplicación en calquera viaxe interurbana.

DESCONTOS PROMOVIDOS POLOS CONCELLOS

No eido das Áreas de transporte metropolitano (ATM), varios concellos estableceron bonificacións adicionais que son aplicables a colectivos de usuarios con condicións específicas.

Aínda que cada Concello establece os colectivos aos que se aplicarán estas novas bonificacións, coa maior frecuencia, estas liñas de actuación das Administracións locais van dirixidas a todos ou algún dos seguintes beneficiarios:

• Persoas maiores de 65 anos, sen actividade laboral.
• Persoas en situación de desemprego.
• Persoas que acrediten unha discapacidade en grao igual ou superior a unha determinada porcentaxe.
• Aquelas persoas que, a criterio dos Servizos Sociais do concello, puideran precisar destas axudas atendendo a razóns de emerxencia social ou de precariedade persoal.


Actualmente, estas bonificacións están implantadas nos seguintes concellos:

Ames, Barbadás, Boqueixón, Brión, Mugardos, Negreira, O Pino, Ribeira, Teo, Touro, Val do Dubra, Vedra.

Poderase obter máis información dirixíndose aos servizos sociais do concello adherido a este programa no que resida.

DESCONTOS PROMOVIDOS POLA UDC

A Universidade da Coruña tamén promove unha liña de actuación dirixida a facilitar ao alumnado dos Campus da Coruña e de Ferrol o desprazamento ata os seus centros de estudo.

Inicialmente, esta bonificación estaba limitada a viaxes dentro dunha Área de Transporte Metropolitano, mais vaise ampliar a calquera viaxe en transporte público interurbano con orixe ou destino nos indicados centros de estudo, calquera que sexa o concello de residencia do alumnado.

Para máis información pode dirixirse ao departamento de bolsas da UDC ou consultar a páxina web da UDC: https://www.udc.es/gl/novas/Convocatoria-axudas-transporte-urbano-na-cidade-da-Coruna-e-Metropolitano-areas-Coruna-e-Ferrol.-Curso-2020-2021/ .