Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Área de Ferrol

DESDE O 12 DE MARZO DE 2012 É POSIBLE UTILIZAR A TARXETA METROPOLITANA (TMG AZUL) EN RENFE OPERADORA

Zonas de transporte

A viaxe queda definida polas zonas de transporte nas que comezan e rematan as viaxes no transporte metropolitano;

Na seguinte táboa móstranse as zonas definidas na Área de Ferrol:

  

Zonas
Concellos
C-Bet2
Miño
C-Eum0
Cabanas - Pontedeume
C-Fer0
Ferrol
C-Fer1
Fene - Narón - Neda
C-Fer2
Valdoviño
C-Fer3
Ares - Mugardos
C-Fer4
Cedeira
 

 

Imaxe que mostra a área metropolitana de Ferrol

 

Tarifas

Segundo o número de saltos definidos entre a zona de orixe e a zona de destino da viaxe así será o custo. Para facilitar a comprensión do sistema facilitamos 3 táboas. Na primeira pode consultar o número de saltos que ten a súa viaxe, tendo en conta a zona de transporte de orixe e a de destino. No segundo recadro pode consultar o prezo da súa viaxe, que dependerá do número de saltos que teña e de se paga en efectivo ou coa tarxeta metropolitana. Finalmente, no terceiro recadro, pode ver o tempo do que dispón na súa viaxe para realizar o transbordo con carácter bonificado. Para a zona de Ferrol, as tarifas son as seguintes:

 
 
Imaxe que mostra as tarifas

Esta táboa permíteche comprobar o número de saltos que hai na viaxe que vas realizar. Podes ver as zonas de transporte no mapa.

 

 

 

Prezos de cancelación por número de saltos (*)

Nº. Saltos

Billete Sinxelo

Tarxeta TMG

Prezo Ata 40 Viaxes

Frecuente Máis de 40 Viaxes

0

1,55 €

0,90 €

0,77 €

1

1,55 €

0,90 €

0,77 €

2

2,30 €

1,38 €

1,17 €

3

3,00 €

1,95 €

1,66 €

4

3,65 €

2,38 €

2,02 €

5

5,25 €

3,31 €

2,81 €

6

6,00 €

3,90 €

3,32 €

 

 

(*) Os prezos mostrados non reflexan a redución do 50%.

 

En función do número de saltos que teñas, na táboa podes ver o prezo da túa viaxe para os pagamentos en efectivo ou con tarxeta.

 

 
 

Canto tempo teño para realizar o transbordo de xeito bonificado coa tarxeta metropolitana de Galicia?

Saltos
Tempo permitido
0
60 minutos
1
60 minutos
2
75 minutos
3
90 minutos
4
90 minutos
5
90 minutos
6
90 minutos
 
 

 

Exemplo 1: Cedeira - Ferrol

 

Para unha viaxe no transporte metropolitano dende un punto de parada no concello de Cedeira (zona C- Fer4) e baixando nunha parada no concello de Ferrol (zona C-Fer0), con independencia do operador e a posterior necesidade de transbordar ou non, será catalogado coma de 3 saltos, polo que o custo do billete sinxelo será de 3,00 euros, e o custo utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia, será de 1,95 euros. Ó tratarse dunha viaxe de 3 saltos, o tempo dispoñible para transbordar sen penalización será de 90 minutos, polo que se dentro dos 90 minutos posteriores á saída dende a orixe colle un segundo autobús para facer un traxecto dentro do concello destino este non incrementaría o prezo xa pagado.

 

Exemplo 2: Cabanas - Narón

 

Se queremos viaxar dende unha localidade do concello de Cabanas (zona C-Eum0) a unha do concello de Narón (zona C-Fer1), ó non contar cun enlace directo, faríamos transbordo en Fene. Tanto Narón coma Fene atópanse na zona C-Fer1, polo tanto temos que aplicar o prezo para 1 salto, e ó cancelar na orixe pagaríamos con billete sinxelo 1,55 euros, e coa Tarxeta TMG 0,90 euros. Antes de 90 minutos dende a saída de Cabanas teremos que coller o autobús en Fene que nos levará a Narón (0 saltos), polo que ó cancelar coa Tarxeta TMG non nos custará nada.

 

Se pagamos en efectivo (billete sinxelo), teriamos que incrementar o custo noutros 1,55 euros, facendo un total de 3,10 euros pola mesma viaxe que, pagando coa tarxeta, custaría 0,90 euros.


Documento/s relacionados