Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Área de Vigo

Zonas de transporte

A viaxe queda definida polas zonas de transporte nas que comezan e rematan as viaxes no transporte metropolitano.

Na seguinte táboa móstranse as zonas definidas na área de Vigo:

 
Zonas
Concellos
P-Vig3
Baiona
P-Mor0
Cangas
P-Vig7
Fornelos de Montes
P-Mor1
Moaña
P-Vig2
Mos
P-Vig1
Nigrán
P-Vig2
O Porriño
P-Vig6
Pazos de Borbén
P-Vig2
Redondela
P-Vig4
Salceda de Caselas
P-Vig8
Salvaterra de Miño
P-Vig5
Soutomaior
P-Vig0
Vigo

 

 

 

Imaxe que mostra a área metropolitana de Vigo

Tarifas

Segundo o número de saltos definidos entre a zona de orixe e a zona de destino da viaxe así será o custo da viaxe. Para facilitar a comprensión do sistema facilitamos 3 táboas. Na primeira pode consultar o número de saltos que ten a súa viaxe, tendo en conta a zona de transporte de orixe e a de destino. No segundo recadro pode consultar o prezo da súa viaxe, que dependerá do número de saltos que teña e de se paga en efectivo ou coa tarxeta metropolitana. Finalmente, no terceiro recadro, pode ver o tempo do que dispón na súa viaxe para realizar o transbordo con carácter bonificado. Para a zona de Vigo, as tarifas son as seguintes:

 

Imaxe que mostra as tarifas

 

Esta táboa permítelle comprobar o número de saltos que hai na viaxe que vas realizar. Pode ver as zonas de transporte no mapa.

 

Prezos de cancelación por número de saltos

Nº. Saltos

Billete Sinxelo

 Tarxeta TMG


Prezo Ata 40 Viaxes

Frecuente Máis de 40 Viaxes

0

1,55 €

0,88 €

0,76 €

1

1,55 €

0,88 €

0,76 €

2

2,25 €

1,34 €

1,16 €

3

2,90 €

1,90 €

1,65 €

4

3,55 €

2,31 €

2,01 €

5

5,10 €

3,22 €

2,80 €

6

5,80 €

3,78 €

3,29 €

 

En función do número de saltos que teña a súa viaxe, na táboa pode ver o prezo da súa viaxe para os pagamentos en efectivo ou con tarxeta.

 
 

Canto tempo teño para realizar o transbordo de xeito bonificado coa tarxeta metropolitana de Galicia?

Saltos
Tempo permitido
0
60 minutos
1
60 minutos
2
75 minutos
3
90 minutos
4
90 minutos
5
90 minutos
6
90 minutos
7
90 minutos
 

Exemplo 1: Fornelos de Montes – Redondela

 

Para unha viaxe no transporte metropolitano dende calquera localidade do concello de Fornelos de Montes (zona P-Vig7) e baixando nunha parada no concello de Redondela (zona P-Vig2), con independencia do operador e a posterior necesidade de transbordar, será catalogado coma de 2 saltos (verifique a información no recadro correspondente), polo que o custo do billete sinxelo (se paga en efectivo) será de 2,25 € e o custo utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia será de 1,34 €. Ó tratarse dunha viaxe de 2 saltos, o tempo dispoñible para transbordar sen penalización será de 75 minutos, polo que se dentro dos 75 minutos posteriores á saída dende Fornelos de Montes se colle un segundo autobús dentro do concello de destino este non incrementaría o prezo xa pagado.

 

No caso de ter pagado o billete sinxelo non se aplica o transbordo e deberíase pagar o billete do seguinte autobús.

 

 

Exemplo 2: Baiona – Vigo  

 

Para unha viaxe no transporte metropolitano dende calquera localidade do concello de Baiona (zona P- Vig3) e baixando nunha parada no concello de Vigo (zona P-Vig0), con independencia do operador será catalogado coma de 2 saltos (verifique a información no recadro correspondente), polo que o custo do billete sinxelo (se paga en efectivo) será de 2,25 € e o custe utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia será de 1,34 €.

 

Antes da aplicación das novas tarifas asociadas ó Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, este mesmo desprazamento tiña un custe medio de 3,63 € (2,31 € autobús interurbano + 1,32 € autobús urbano). É por iso que, co pago con tarxeta o usuario aforra 2,29 € por traxecto, contía que se incrementa no caso de que sexa un viaxeiro recorrente.

 

 

Ejemplo 3: Cangas- Vigo

 

Para unha viaxe no transporte metropolitano dende Aldán no concello de Cangas (zona P-Mor0) e baixando nunha parada no concello de Vigo (zona P-Vig0), collendo un autobús metropolitano e despois o barco, será catalogado como de 2 saltos (verifique a información no recadro correspondente), polo que o custo do billete sinxelo (se paga en efectivo) será de 2,25 € e o custo utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia será de 1,34 €.

 

Antes da aplicación das novas tarifas asociadas ó Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, este mesmo desprazamento tiña un custo medio de 3,90 €. É por iso que, co pago con tarxeta, o usuario aforra 2,56 € por traxecto, contía que se incrementa no caso de que sea un viaxeiro recorrente (realice máis de 40 viaxes mensuais), nese caso o aforro ascendería á contía de 2,80 €.

 
Documento/s relacionados