Zonas de transporte
A viaxe queda definida polas zonas de transporte nas que comezan e rematan as viaxes no transporte metropolitano.
Na seguinte táboa móstranse as zonas definidas na área da Coruña:
Zonas | Ayuntamientos |
C-Ber0 | A Laracha |
C-Ber1 | Carballo |
C-Bet0 | Betanzos |
C-Bet1 | Oza-Cesuras |
C-Bet2 | Miño |
C-Bet3 | Curtis |
C-Cor0 | A Coruña |
C-Cor1 | Arteixo |
C-Cor2 | Cambre - Culleredo - Oleiros |
C-Cor3 | Bergondo - Sada |
C-Cor4 | Abegondo - Carral |
C-Ord2 | Cerceda |
C-Ord3 | Ordes |
Tarifas
Segundo o número de saltos definidos entre a zona de orixe e a zona de destino da viaxe así será o custo da viaxe. Para facilitar a comprensión do sistema facilitamos 3 táboas. Na primeira pode consultar o número de saltos que ten a súa viaxe, tendo en conta a zona de transporte de orixe e a de destino. No segundo cadro pode consultar o prezo da súa viaxe, que dependerá do número de saltos que teña e de se paga en efectivo ou coa tarxeta metropolitana. Finalmente, no terceiro cadro, pode ver o tempo do que dispón na súa viaxe para realizar o transbordo con carácter bonificado. Para a zona de A Coruña, as tarifas son as seguintes:
Esta táboa permite comprobar o número de saltos que hai na viaxe que se vai realizar. Pódense ver as zonas de transporte no mapa.
Precios de cancelación por número de saltos | |||
Nº. Saltos | Billete Sencillo | Tarjeta TMG | |
Precio hasta 40 Viajes | Frecuente Más de 40 Viajes | ||
0 * | 1,20 € | 0,75 € | ---- |
0 | 1,55 € | 0,88 € | 0,76 € |
1 | 1,55 € | 0,88 € | 0,76 € |
| 2,25 € | 1,34 € | 1,16 € |
3 | 2,90 € | 1,90 € | 1,65 € |
4 | 3,55 € | 2,31 € | 2,01 € |
5 | 5,10 € | 3,22 € | 2,80 € |
6 | 5,80 € | 3,78 € | 3,29 € |
7 | 6,40 € | 4,20 € | 3,66 € |
8 | 7,15 € | 4,65 € | 4,04 € |
9 | 7,90 € | 5,15 € | 4,48 € |
10 | 8,75 € | 5,68 € | 4,94 € |
0 * Viaxes no transporte urbano da cidade da Coruña
En función do número de saltos da viaxe, na táboa pódese ver o prezo correspondente para os pagamentos en efectivo ou con tarxeta.
¿Cuanto tiempo tengo para realizar el transbordo de modo bonificado con la tarjeta metropolitana de Galicia? | |
Saltos | Tiempo permitido |
0 | 60 minutos |
1 | 60 minutos |
2 | 75 minutos |
3 a 10 | 90 minutos |
Exemplo 1: Sada - A Coruña
Para unha viaxe no transporte metropolitano dende calquera localidade do concello de Sada (zona C-Cor3) e baixando nunha parada no concello da Coruña (zona C-Cor0), con independencia do operador e a posterior necesidade de transbordar ou non no urbano, será catalogado coma de 2 saltos (verifique a información no cadro correspondente), polo que o custo do billete sinxelo (se paga en efectivo) será de 2,25 euros, e o custo utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia, será de 1,34 euros. Ao tratarse dunha viaxe de 2 saltos, o tempo dispoñible para transbordar sen penalización será de 75 minutos, polo que se dentro dos 75 minutos posteriores á saída dende Sada se colle un segundo autobús dentro do concello destino (por exemplo, o urbano da Coruña) este non incrementaría o prezo xa pagado.
No caso de ter pagado o billete sinxelo non se aplica o transbordo e deberíase pagar o billete do urbano da Coruña.
Exemplo 2: A Coruña - Sada
Seguindo o exemplo anterior, facemos a viaxe de volta a Sada dende o centro da Coruña, e supoñendo que o autobús do metropolitano sae dende a Estación de Autobuses. Neste caso, colleríase o urbano da Coruña ata a Estación; se pagamos coa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia, cancelarase por 0,75 euros. Antes de que transcorran os 75 minutos collemos o metropolitano dende a Estación de Autobuses da Coruña con destino Sada (2 saltos) cun custo de 1,34 euros. Ao ter xa pagado 0,75 euros e o transbordo transcorrer nos 75 minutos, este descontarase do custo final, cargando nesta segunda cancelación na tarxeta 0,59 euros (total, 1,34 euros a viaxe).
No caso de non pagar coa tarxeta, o custo sería de 1,20 euros para o urbano e de 2,25 euros para a viaxe a Sada (total 3,45 euros).