Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Área de Lugo

Zonas de transporte

A viaxe queda definida polas zonas de transporte nas que comezan e rematan as viaxes no transporte metropolitano; Na seguinte táboa móstranse as zonas definidas na Área de Lugo:

 
Zonas
Concellos
L-Fon1
Baleira
L-Lug0
Lugo
L-Lug1
Friol - Outeiro de Rei - Rábade
L-Lug2
Guntín
L-Lug3
Castroverde -    O Corgo
L-TCh1
Castro de Rei
 

 

 
 
Imaxe que mostra a área metropolitana de Lugo

 

Tarifas

Segundo o número de saltos definidos entre a zona de orixe e a zona de destino da viaxe así será o custo. Para facilitar a comprensión do sistema facilitamos 3 táboas. Na primeira pode consultar o número de saltos que ten a súa viaxe, tendo en conta a zona de transporte de orixe e a de destino. No segundo recadro pode consultar o prezo da súa viaxe, que dependerá do número de saltos que teña e de se paga en efectivo ou coa tarxeta metropolitana. Finalmente, no terceiro recadro, pode ver o tempo do que dispón na súa viaxe para realizar o transbordo con carácter bonificado.Para a zona de Lugo, as tarifas son as seguintes;

Imaxe que mostra as tarifas
 



Esta táboa permíteche comprobar o número de saltos que hai na viaxe que vas realizar. Podes ver as zonas de transporte no mapa.

Prezos de cancelación por número de saltos (*)

Nº. Saltos

Billete Sinxelo

Tarxeta TMG


Prezo Ata 40 Viaxes

Frecuente Máis de 40 Viaxes

  0 (**)

0,64 €

0,45 €

----

0

1,55 €

0,90 €

0,77 €

1

1,55 €

0,90 €

0,77 €

2

2,30 €

1,38 €

1,17 €

3

3,00 €

1,95 €

1,66 €

 

 

(*) Os prezos mostrados non reflexan a redución do 50%

 (**) Viaxes no transporte urbano da cidade

En función do número de saltos que teñas, na táboa podes ver o prezo da túa viaxe para os pagamentos en efectivo ou con tarxeta.

 

Canto tempo teño para realizar o transbordo de xeito bonificado coa tarxeta metropolitana de Galicia?

Saltos
Tempo permitido
0
60 minutos
1
60 minutos
2
75 minutos
3
90 minutos
 

 


Exemplo 1: Guntín - Lugo

Para unha viaxe no transporte metropolitano dende un punto de parada no concello de Guntín (zona L-Lug2) e baixando nunha parada no concello de Lugo (zona L-Lug0), con independencia do operador e a posterior necesidade de transbordar ou non, será catalogado coma de 1 salto, polo que o custo do billete sinxelo será de 1,55 euros, e o custo utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia, será de 0,90 euros.

Ó tratarse dunha viaxe de 1 salto, o tempo dispoñible para transbordar sen penalización será de 60 minutos, polo que se dentro dos 60 minutos posteriores á saída dende Guntín colle un segundo autobús dentro do concello destino (por exemplo, o urbano de Lugo) este non incrementaría o prezo xa pagado.

No caso de que se tivese pagado en efectivo (billete sinxelo) non se aplica o transbordo e deberíase pagar o billete do urbano de Lugo.

Exemplo 2: Lugo - Guntín

Seguindo o exemplo anterior, facemos a viaxe de volta a Guntín dende o centro de Lugo, e o autobús do metropolitano sae dende a Estación de Autobuses.

Neste caso, colleríase o urbano de Lugo ata a Estación; se pagamos coa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia, cancelarase polo custo do billete do urbano (0,45 euros). Antes de que transcorran os 60 minutos collemos o metropolitano dende a Estación de Autobuses de Lugo con destino Guntín (1 salto) cun custo de 0,45 euros. Ó ter xa pagado o prezo do urbano e o transbordo transcorrer nos 60 minutos seguintes, este descontarase do custo final, pagando en total pola viaxe 0,90 euros.

No caso de non pagar coa tarxeta, o custo da mesma viaxe sería o prezo do urbano de Lugo (0,64 euros) máis 1,55 euros. Así, o custo total da viaxe sería de 2,19 euros.

Documento/s relacionados