Zonas de transporte
A viaxe queda definida polas zonas de transporte nas que comezan e rematan as viaxes no transporte metropolitano;
Na seguinte táboa móstranse as zonas definidas na Área de Ferrol:
Zonas | Concellos |
C-Bet2 | Miño |
C-Eum0 | Cabanas - Pontedeume |
C-Fer0 | Ferrol |
C-Fer1 | Fene - Narón - Neda |
C-Fer2 | Valdoviño |
C-Fer3 | Ares - Mugardos |
C-Fer4 | Cedeira |
Tarifas
Segundo o número de saltos definidos entre a zona de orixe e a zona de destino da viaxe así será o custo. Para facilitar a comprensión do sistema facilitamos 3 táboas. Na primeira pode consultar o número de saltos que ten a súa viaxe, tendo en conta a zona de transporte de orixe e a de destino. No segundo recadro pode consultar o prezo da súa viaxe, que dependerá do número de saltos que teña e de se paga en efectivo ou coa tarxeta metropolitana. Finalmente, no terceiro recadro, pode ver o tempo do que dispón na súa viaxe para realizar o transbordo con carácter bonificado. Para a zona de Ferrol, as tarifas son as seguintes:
Esta táboa permíteche comprobar o número de saltos que hai na viaxe que vas realizar. Podes ver as zonas de transporte no mapa.
Prezos de cancelación por número de saltos | |||
Nº. Saltos | Billete Sinxelo | Tarxeta TMG | |
Prezo Ata 40 Viaxes | Frecuente Máis de 40 Viaxes | ||
0 | 1,55 € | 0,88 € | 0,76 € |
1 | 1,55 € | 0,88 € | 0,76 € |
2 | 2,25 € | 1,34 € | 1,16 € |
3 | 2,90 € | 1,90 € | 1,65 € |
4 | 3,55 € | 2,31 € | 2,01 € |
5 | 5,10 € | 3,22 € | 2,80 € |
6 | 5,80 € | 3,78 € | 3,29 € |
En función do número de saltos que teñas, na táboa podes ver o prezo da túa viaxe para os pagamentos en efectivo ou con tarxeta.
Canto tempo teño para realizar o transbordo de xeito bonificado coa tarxeta metropolitana de Galicia? | |
Saltos | Tempo permitido |
0 | 60 minutos |
1 | 60 minutos |
2 | 75 minutos |
3 | 90 minutos |
4 | 90 minutos |
5 | 90 minutos |
6 | 90 minutos |
Exemplo 1: Cedeira - Ferrol
Para unha viaxe no transporte metropolitano dende un punto de parada no concello de Cedeira (zona C- Fer4) e baixando nunha parada no concello de Ferrol (zona C-Fer0), con independencia do operador e a posterior necesidade de transbordar ou non, será catalogado coma de 3 saltos, polo que o custo do billete sinxelo será de 2,90 euros, e o custo utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia, será de 1,90 euros. Ó tratarse dunha viaxe de 3 saltos, o tempo dispoñible para transbordar sen penalización será de 90 minutos, polo que se dentro dos 90 minutos posteriores á saída dende a orixe colle un segundo autobús para facer un traxecto dentro do concello destino este non incrementaría o prezo xa pagado.
Exemplo 2: Cabanas - Narón
Se queremos viaxar dende unha localidade do concello de Cabanas (zona C-Eum0) a unha do concello de Narón (zona C-Fer1), ó non contar cun enlace directo, faríamos transbordo en Fene. Tanto Narón coma Fene atópanse na zona C-Fer1, polo tanto temos que aplicar o prezo para 1 salto, e ó cancelar na orixe pagaríamos con billete sinxelo 1,55 euros, e coa Tarxeta TMG 0,88 euros. Antes de 90 minutos dende a saída de Cabanas teremos que coller o autobús en Fene que nos levará a Narón (0 saltos), polo que ó cancelar coa Tarxeta TMG non nos custará nada.
Se pagamos en efectivo (billete sinxelo), teriamos que incrementar o custo noutros 1,55 euros, facendo un total de 3,10 euros pola mesma viaxe que, pagando coa tarxeta, custaría 0,88 euros.