Área de Santiago de Compostela
Zonas de transporte
A viaxe queda definida polas zonas de transporte nas que comezan e rematan as viaxes no transporte metropolitano.
Na seguinte táboa móstranse as zonas definidas na área de Santiago de Compostela:
Zonas | Concellos |
C-Arz1 | O Pino - Touro |
C-Bar1 | A Baña - Negreira |
C-Ord1 | Oroso - Trazo |
C-Ord3 | Ordes |
C-San0 | Santiago de Compostela |
C-San1 | Val do Dubra |
C-San2 | Ames - Brión |
C-San3 | Boqueixón - Teo - Vedra |
C-Sar1 | Rois |
C-Sar2 | Padrón |
P-Dez1 | Vila de Cruces |
P-Tab0 | A Estrada |
Tarifas
Segundo o número de saltos definidos entre a zona de orixe e a zona de destino da viaxe así será o custo da viaxe. Para facilitar a comprensión do sistema facilitamos 3 táboas. Na primeira pode consultar o número de saltos que ten a súa viaxe, tendo en conta a zona de transporte de orixe e a de destino. No segundo recadro pode consultar o prezo da súa viaxe, que dependerá do número de saltos que teña e de se paga en efectivo ou coa tarxeta metropolitana. Finalmente, no terceiro recadro, pode ver o tempo do que dispón na súa viaxe para realizar o transbordo con carácter bonificado. Para a zona de Santiago, as tarifas son as seguintes:
Prezos de cancelación por número de saltos | |||
Nº. Saltos | Billete Sinxelo | Tarxeta TMG | |
Prezo Ata 40 Viaxes | Frecuente Máis de 40 Viaxes | ||
0 * | 1,00 € | 0,60 € | ---- |
0 | 1,55 € | 0,88 € | 0,76 € |
1 | 1,55 € | 0,88 € | 0,76 € |
2 | 2,25 € | 1,34 € | 1,16 € |
3 | 2,90 € | 1,90 € | 1,65 € |
4 | 3,55 € | 2,31 € | 2,01 € |
5 | 5,10 € | 3,22 € | 2,80 € |
6 | 5,80 € | 3,78 € | 3,29 € |
* Viaxes no transporte urbano da cidade de Santiago
En función do número de saltos que teñas, na táboa podes ver o prezo da túa viaxe para os pagamentos en efectivo ou con tarxeta.
Canto tempo teño para realizar o transbordo de xeito bonificado coa tarxeta metropolitana de Galicia? | |
Saltos | Tempo permitido |
0 | 60 minutos |
1 | 60 minutos |
2 | 75 minutos |
3-4-5-6 | 90 minutos |
Exemplo 1: Brión - Santiago de Compostela
Para unha viaxe no transporte metropolitano dende un punto de parada no concello de Brión (zona C-San2) e baixando nunha parada no concello de Santiago de Compostela (zona C-San0), con independencia do operador e a posterior necesidade de transbordar ou non no urbano, será catalogado coma de 1 salto, polo que o custo do billete sinxelo será de 1,55 euros, e o custo utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia, será de 0,88 euros. Ó tratarse dunha viaxe de 1 salto, o tempo dispoñible para transbordar sen penalización será de 60 minutos, polo que se dentro dos 60 minutos posteriores á saída dende Brión se colle un segundo autobús dentro do concello destino (por exemplo, o urbano de Santiago) este non incrementaría o prezo xa pagado.
No caso de non utilizar a tarxeta do TMG, teremos que pagar o urbano de Santiago (1,00 euro) e a maiores 1,55 euros do metropolitano (total: 2,55 euros).
Exemplo 2: Santiago de Compostela – Brión
Seguindo o exemplo anterior, facemos a viaxe de volta a Brión dende o centro de Santiago, e o autobús do metropolitano sae dende a Estación de Autobuses. Neste caso, colleríase o urbano de Santiago ata a Estación; se pagamos coa tarxeta do Transporte Metropolitano de Galicia, cancelarase polo custo do urbano (0,60 euros). Antes de que transcorran 60 minutos collemos o metropolitano dende a Estación de Autobuses con destino Brión (1 salto) cun custo de 0,88 euros. Ó ter xa pagado o urbano e transcorrer o transbordo nos 60 minutos seguintes á primeira cancelación, o importe que se descontará da tarxeta será de 0,28 euros (importe total da viaxe: 0,88 euros).
No caso de non utilizar a tarxeta do TMG, teremos que pagar o urbano de Santiago (1,00 euro) e a maiores 1,55 euros do metropolitano (total: 2,55 euros).