Consellería de Infraestruturas e Movilidade

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Área de Vigo

Zonas de transporte

A viaxe queda definida polas zonas de transporte nas que comezan e rematan as viaxes no transporte metropolitano.

Na seguinte táboa móstranse as zonas definidas na área de Vigo:

 
Zonas
Concellos
P-Vig3
Baiona
P-Mor0
Cangas
P-Vig7
Fornelos de Montes
P-Mor1
Moaña
P-Vig2
Mos
P-Vig1
Nigrán
P-Vig2
O Porriño
P-Vig6
Pazos de Borbén
P-Vig2
Redondela
P-Vig4
Salceda de Caselas
P-Vig8
Salvaterra de Miño
P-Vig5
Soutomaior
P-Vig0
Vigo

 

 

 

Imaxe que mostra a área metropolitana de Vigo

Tarifas

Segundo o número de saltos definidos entre a zona de orixe e a zona de destino da viaxe así será o custo da viaxe. Para facilitar a comprensión do sistema facilitamos 3 táboas. Na primeira pode consultar o número de saltos que ten a súa viaxe, tendo en conta a zona de transporte de orixe e a de destino. de Transporte Metropolitano de Vigo de coa incorporación de dúas novas relacións de saltos no transporte marítimo que comunica os concellos de Cangas e Moaña con Vigo, e viceversa:

  • Zona P-Mor0 (Cangas) – Zona P-Vig0 (Vigo)_servizos marítimos metropolitanos: saltos: 2A
  • Zona P-Mor1 (Moaña) – Zona P-Vig0 (Vigo)_servizos marítimos metropolitanos: saltos: 2B

No segundo recadro pode consultar o prezo da súa viaxe, que dependerá do número de saltos que teña e de se paga en efectivo ou coa tarxeta metropolitana. Finalmente, no terceiro recadro, pode ver o tempo do que dispón na súa viaxe para realizar o transbordo con carácter bonificado. Para a zona de Vigo, as tarifas son as seguintes:

 

Imaxe que mostra os saltos
 

 

Esta táboa permítelle comprobar o número de saltos que hai na viaxe que vas realizar. Pode ver as zonas de transporte no mapa.

 

Prezos de cancelación por número de saltos (*)

Nº. Saltos

Billete Sinxelo

 Tarxeta TMG


Prezo Ata 40 Viaxes

Frecuente Máis de 40 Viaxes

0

1,55 €

0,90 €

0,77 €

1

1,55 €

0,90 €

0,77 €

2

2,30 €

1,38 €

1,17 €

2A

2,45 €

1,52 €

1,29 €

2B

2,40 €

1,49 €

1,27 €

3

3,00 €

1,95 €

1,66 €

4

3,65 €

2,38 €

2,02 €

5

5,25 €

3,31 €

2,81 €

6

6,00 €

3,90 €

3,32 €

 

(*) Os prezos mostrados non reflexan a redución do 50%

En función do número de saltos que teña a súa viaxe, na táboa pode ver o prezo da súa viaxe para os pagamentos en efectivo ou con tarxeta.

 
 

Canto tempo teño para realizar o transbordo de xeito bonificado coa tarxeta metropolitana de Galicia?

Saltos
Tempo permitido
0
60 minutos
1
60 minutos
2
75 minutos
3
90 minutos
4
90 minutos
5
90 minutos
6
90 minutos
7
90 minutos
 

Exemplo 1: Fornelos de Montes – Redondela

 

Para unha viaxe no transporte metropolitano dende calquera localidade do concello de Fornelos de Montes (zona P-Vig7) e baixando nunha parada no concello de Redondela (zona P-Vig2), con independencia do operador e a posterior necesidade de transbordar, será catalogado coma de 2 saltos (verifique a información no recadro correspondente), polo que o custo do billete sinxelo (se paga en efectivo) será de 2,30 € e o custo utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia será de 1,38 €. Ó tratarse dunha viaxe de 2 saltos, o tempo dispoñible para transbordar sen penalización será de 75 minutos, polo que se dentro dos 75 minutos posteriores á saída dende Fornelos de Montes se colle un segundo autobús dentro do concello de destino este non incrementaría o prezo xa pagado.

 

No caso de ter pagado o billete sinxelo non se aplica o transbordo e deberíase pagar o billete do seguinte autobús.

 

 

Exemplo 2: Baiona – Vigo  

 

Para unha viaxe no transporte metropolitano dende calquera localidade do concello de Baiona (zona P- Vig3) e baixando nunha parada no concello de Vigo (zona P-Vig0), con independencia do operador será catalogado coma de 2 saltos (verifique a información no recadro correspondente), polo que o custo do billete sinxelo (se paga en efectivo) será de 2,30 € e o custe utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia será de 1,38 €.

 

Antes da aplicación das novas tarifas asociadas ó Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, este mesmo desprazamento tiña un custe medio de 3,63 € (2,31 € autobús interurbano + 1,32 € autobús urbano). É por iso que, co pago con tarxeta o usuario aforra 2,25 € por traxecto, contía que se incrementa no caso de que sexa un viaxeiro recorrente.

 

 

Ejemplo 3: Cangas- Vigo

 

Para unha viaxe no transporte metropolitano dende Aldán no concello de Cangas (zona P-Mor0) e baixando nunha parada no concello de Vigo (zona P-Vig0), collendo un autobús metropolitano e despois o barco, será catalogado como de 2 saltos (verifique a información no recadro correspondente), polo que o custo do billete sinxelo (se paga en efectivo) será de 2,45 € e o custo utilizando a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia será de 1,52 €.

 

Antes da aplicación das novas tarifas asociadas ó Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, este mesmo desprazamento tiña un custo medio de 3,90 €. É por iso que, co pago con tarxeta, o usuario aforra 2,52 € por traxecto, contía que se incrementa no caso de que sea un viaxeiro recorrente (realice máis de 40 viaxes mensuais), nese caso o aforro ascendería á contía de 2,73 €.

 
Documento/s relacionados